Xestión de Residuos

Dende a Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo (OMA) axudámoste a xestionar os residuos. Nesta páxina podes encontrar os procedementos para xestionar correctamente os residuos xerados.

Tipos de Residuos

Residuos Perigosos (RPs)

Sogarisa (Sociedade Galega de Residuos Industriales) é a xestora autorizada para a recollida e xestión de residuos peligrosos. A OMA e a empresa contratada traballan conxuntamente na planificación das recollidas e na preparación da documentación esixida pola lexislación vixente. Ademais a OMA exerce un labor de supervisión e seguimento, a fin de salvagardar a efectividade e grao de cumprimento do servizo.

Residuos domésticos ou asimilables urbanos

Ademais dos colectores urbanos instalados na Universidade de Vigo, dende a OMA ofrécese a posibilidade de xestionar outros residuos domésticos ou asimilables a urbanos.

Mobiliario obsoleto/deteriorado

Para a recollida de mobiliario obsoleto ou deteriorado e de enseres voluminosos desbotados hai que contactar cos xestores autorizados de Residuos Non Perigosos (RNPs). A través da OMA pode realizarse a solicitude correspondente.

Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE)

Como regra xeral e primeiro proceder haberá que tentar a devolución de equipos vellos, avariados ou fóra de uso (computadores, impresoras, pantallas, fotocopiadoras, fluorescentes, etc.) aos provedores aos que se compren equipos novos (na factura dos novos equipos comprados xa se inclúe o custo da xestión dos equipos retirados, polo que os provedores están obrigados a recollelos e darlles unha xestión adecuada).

A OMA encárgase da recollida de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) nos distintos centros da UVIGO que non poidan xestionarse do xeito descrito no primeiro parágrafo. Pode facer a solicitude no seguinte enlace enlace.

Ademais, dende o ano 2006 a OMA participa de cheo no Programa de Voluntariado GRUVI (Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo), que se encarga de recuperar equipos informáticos da UVIGO para doalos, con software libre, a entidades sociais.

Lámparas

En xeral, para a recollida de lámpadas reciclables hai que contactar con Ambilamp. No caso das lámpadas fluorescentes, dispoñen dun procedemento específico. O resto das lámpadas pode levarse ao Punto Limpo ou depositarse no contedor xenérico co resto do lixo.

Teléfonos móbiles

Para colaborar activamente co Insituto Jane Goodall España na súa campaña "Mobilízate pola Selva", a OMA ten instalados puntos de recollida de teléfonos móbiles na meirande parte dos edificios da Universidade de Vigo.

Consumibles de impresoras e fotocopiadoras

Para a recollida de consumibles de impresoras e fotocopiadoras hai que contactar con Ridel Noroeste, a empresa xestora autorizada

Herba e restos de poda

A herba e os restos de poda son empregados como biorresiduos e materia para compostaxe, de maneira que se favoreza a rexeneración de solos dos campus

Chatarra

Para a recollida de chatarra e restos metálicos desbotados hai que contactar cos xestores autorizados de Residuos Non Perigosos (RNPs). A través da OMA pode realizarse a solicitude correspondente.

Medicamentos

Os medicamentos caducados non deben depositarse no contedor xenérico de resto de basura, senón que deben levarse ao Punto Sigre presente en calquera farmacia.

Residuos hixiénico-sanitarios dos aseos femininos

Para a xestión dos residuos hixiénico-sanitarios dos aseos femininos contratáronse os servicios de phs Serkonten.

Subprodutos animais non destinados ao consumo humano (SANDACH)

Para a recollida de SANDACH hai que contactar con Gegusa, a empresa xestora autorizada.

Residuos radioactivos

Para a recollida de residuos radioactivos hai que contactar con Enresa, a empresa xestora autorizada.

Depósitos incontralados e ilegais de residuos

Se se atopa algún depósito incontrolado e ilegal de residuos (entullos de obra, cascallos ou lixo) debe poñrese en contacto coa OMA para realizar a denuncia.