A Universidade de Vigo colabora cun xestor autorizado (Ridel Noroeste) para a recollida e valorización dos cartuchos e tóneres de impresión usados.
Ridel Noroeste colocou colectores de cartón nos centros da UVigo para a recollida dos consumibles de oficina: cartuchos de tinta e tóneres de impresión.
Nestes colectores figura o anagrama da empresa e un número de teléfono de contacto.
Ridel Noroeste fai unha recollida periódica dos consumibles depositados nos colectores, aínda que tamén se pode avisar por teléfono (o que figura nos colectores: 981 160 446) para informar de cando estean cheos e se se precisa unha recollida extraordinaria.
Ridel Noroeste é unha empresa que dispón de autorización para a recollida de consumibles de impresión xerados na Universidade de Vigo.