Comité para a Sostibilidade da UVigo

Na Universidade de Vigo (UVigo) está constituído un Comité para a Sostibilidade, creado a partir de finais do ano 2022 co fin de facer o seguimento da eficiencia das medidas de aforro enerxético e das demais actuacións ambientais. Nestes momentos está conformado por:

  • Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade:
    José Cidrás Pidre
  • Dirección da Oficina de Servizos Enerxéticos (OSEu):
    Camilo José Carrillo González
  • Dirección técnica de Instalacións, Obras e Infraestruturas:
    Héctor Álvarez Arias
  • Dirección de Área de Calidade Ambiental:
    Benedicto Soto González
  • Dirección de Área de Xestión Ambiental:
    Mª Delfina Couce Fortúnez
  • Coordinación da Unidade de Análises e Programas (UAP):
    David Basalo Domínguez
  • Técnico Sup. de Xestión Ambiental:
    Sergio Ramos Felípez

Este comité é o encargado de decidir, en materia de Sostibilidade na UVigo, os plans que se acometerán e que haberá que redactar e ter ó día, as estratexias e estruturas que se deberán seguir, os obxectivos que haberá que acadar, as accións que se tomarán para acadar eses obxectivos e cumprir cos plans, así como o seu alcance e as canles de comunicación abertas á toda a comunidade e ó público en xeral.

Os plans, programas ou canta documentación corresponda á Sostibilidade da UVigo deberá ser coñecida pola Alta Dirección da UVigo (Reitoría, Xerencia, vicerreitorías correspondentes) e, cando proceda, estar amparados e aprobados por esa Alta Dirección.

Para acadar unha Sostibilidade plena e integrada na UVigo, o comité poderá acudir á asesoría externa cando for preciso, e en particular, haberá unha comunicación fluída coa Área de Xestión das Infraestuturas (Dpto. de Obras, Instalacións e Infraestruturas) e a súa Unidade Técnica.


electrolineira
Campus da UVigo