Papel de cociña sucio, panos de mesa sucios, panos de man manchados.
Po da aspiradora, fíos e pelusas.
Cueiros, compresas, tampóns, toalliñas húmidas.
Cinzas varias.
Madeira pintada.
Papel hixiénico.
Cabichas de tabaco apagadas.
Goma de mascar, chicles.
Excrementos de animais coma cans e gatos, nin as areas e restos e deposicións das súas camas.
Materiais non-compostables manchados e que non sexan reciclables (papel sucio).
Xoguetes (aínda que sexan de plástico ou metal; non son "envases").
Nos concellos que non teñen separación de residuos orgánicos (compostables), o colector de lixo xeral inclúe os residuos orgánicos e o resto de residuos que non se poden incluír nos outros tipos de colectores, e que non sexan nin residuos perigosos nin grandes vultos de trastos e enseres, nin tampouco residuos especiais como animais grandes ou entullos.
Que non debo depositar?
Grandes vultos, electrodomésticos, mobles, etc. [Concertar co concello unha recollida puntual].
Restos vexetais de gran tamaño [Concertar co concello unha recollida puntual].
Residuos de obra, construción ou demolición: entullos, rebos, cascallos [Concertar unha recollida específica cunha empresa autorizada].
Residuos nocivos ou perigosos (latas de pinturas, vernices, pilas, colas, etc.) [Consultar co concello onde hai un punto limpo].
Animais de gran tamaño (ovellas, cans, etc.) [Consultar co concello ou cun veterinario].