Colector Verde de Vidro

Que debo depositar?

  • Botellas, frascos e tarros de vidro (auga, zume, conservas, viño, mosto, sidra, refrescos, cosmética/perfumería, etc.) baleiros de líquidos ou outros contidos.

Que non debo depositar?

  • Cristal (contén metais pesados): vasos, copas, ventás, parabrisas de automóbil, lentes, pantallas de TV ou ordendador, etc.
  • Cristal de borosilicatos (Pyrex): frascos de laboratorio.
  • Espellos.
  • Lámpadas, bombillas, tubos fluorescentes.
  • Tapas, rollas, tapóns ou chapas das botellas ou tarros (normalmente metálicos ou plásticos).
  • Pratos, xarróns ou obxectos de louza, porcelana ou cerámica.