Puntos de recarga eléctrica para automóbiles:
"electrolineiras"

Estase a promocionar o uso do vehículo eléctrico nos campus, e para iso instaláronse varios puntos de recarga eléctrica (electrolineiras) accesibles en diferentes puntos dos estacionamentos de cada un dos tres campus.

Para poder utilizar estes puntos de recarga hai que entrar na web da Secretaría Virtual da UVigo, identificándose como membro da comunidade universitaria, e enche-lo formulario para poder recarga-lo vehículo.

Despois, só hai que identificarse en cada punto de recarga coa tarxeta universitaria persoal.

O custo da recarga é gratuíto (0 €).

No campus de Vigo existen puntos de recarga enfronte do edificio Filomena Dato, no taller da entrada á zona da praza Miralles, a carón da Facultade de Ciencias, na traseira da Facultade de Filoloxía e Tradución e no estacionamento interno da Escola de Enxeñería Industrial.

No campus de Ourense hainos no estacionamento interno do campus vello, enfronte do Campus da Auga e no interior do párkin do soto do edificio da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

No campus de Pontevedra están situados na Facultade de Comunicación.


electrolineira electrolineira electrolineira