Eficiencia Enerxética


Proxectos de eficiencia enerxética nas distintas instalacións e edificios da UVigo nos últimos anos:


A Universidade de Vigo aposta polo uso responsable de enerxías limpas. A través da Área de Xestión das Infraestruturas e da Unidade Técnica, a UVigo acomete plans de cambio e compromiso cara a un comportamento ambientalmente sostible.

Promóvese o uso de instalacións de enerxías renovables en centros e edificios, en particular:

- Enerxía solar fotovoltacica
- Enerxía termosolar
- Enerxía xeotérmica, aerotermia e hidrotermia
- Caldeiras de biomasa-pellets



  • Nos pregos de prescricións dos contratos dos Servizos de Limpeza está contemplada no organigrama de traballo a comprobación a última hora da xornada laboral de que tódalas luces de cada centro estean apagadas. Ademais, colocan cartelería (aseos, vestiarios, enchufes, interruptores, maquinaria, etc.) para concienciar as persoas usuarias da necesidade da súa colaboración nos bos hábitos para aforrar electricidade. A isto súmaselle que se fomentará o traballo en momentos de aproveitamento de luz natural (no posible, horarios diúrnos) e manter limpos os sistemas de iluminación (lámpadas e pantallas) para aproveitar ó máximo a súa iluminación. Minimizarase o consumo eléctrico desconectando os aparatos non necesarios da corrente e utilizando maquinaria de baixo consumo (eficiencia enerxética). Non se quentará a auga para a limpeza, agás que o indiquen as instrucións da etiqueta do produto. Repasaranse portas e xanelas comprobando o seu correcto peche, minimizando así as perdas enerxéticas en calefacción/climatización. Todos estes aspectos serán potenciados en cursos de formación ambiental periódica (condución eficiente, mantemento e emprego de maquinaria, carga de baterías, etc.) a todo persoal.

Enlaces