Espazos Protexidos

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo é a encargada de asegurar o correcto mantemento ambiental dos espazos protexidos dentro da contorna dos campus universitarios.

O "Plan Especial de Equipamento Docente e Infraestrutura Viaria", que é o documento que recolle as directrices de ordenación e usos do solo nos campus, non atende a criterios biolóxicos ou ecolóxicos rigorosos e, polo tanto, non serve como instrumento para asegurar a conservación dos hábitats e das especies.

Seremos quen de asegurar a protección efectiva destes espazos?

Poderemos convivir con outras especies ou seguiremos extinguíndoas e ocupando indiscriminadamente o seu espazo?

A proposta da OMA é que se lles dea a estes espazos unha figura de protección equiparable á de, por exemplo, Parque Natural.

Nos seguintes planos sinálanse en verde os espazos ambientais nos que se atopan os hábitats máis singulares e representativos, nos que se concentra a meirande parte da diversidade biolóxica dos campus (sobre todo no de Vigo, xa que os de Pontevedra e Ourense son máis urbanos).


Proposta inicial (ano 2001) de zonas protexidas no campus das Lagoas-Marcosende (Vigo)

Superficie total construída
(planta baixa edificada):

126 927 m2 (ano: 2023)

Láminas de auga:
15 497 m2 (1,55 ha) conformadas por 7 lagoas, estanques, pozas e charcas, ademais do discorrer de varios regatos como o Fontecova, o Nespereira e o nacente do río Eifonso no campus de Vigo


Contorna do campus das Lagoas-Marcosende (Vigo)

Campus de Ourense (As Lagoas)

Campus de Pontevedra (A Xunqueira)

Moitas das zonas de aparcamento e beirarrúas dos campus pertencen ós concellos nos que se localizan, e son deles dos que depende o seu deseño e o seu estado de mantemento.

A OMA (Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo) asesorou na UVigo o deseño e seguimento da construción das zonas de estacionamento do campus das Lagoas-Marcosende de Vigo, atendendo a importantes criterios ambientais (Estacionamentos Verdes):

  • Que estivesen situados próximos ós centros, sen se esparexeren, respectando a contorna natural e a paisaxe.
  • Que ocupasen unha área razoable e axustada ó persoal e ó alumnado de cada ámbito e de cada centro.
  • Base construída cun sistema de estabilización do solo, permeable á auga, que permite o crecemento de herba e amortece as arroiadas.
  • Plantouse unha densidade importante de arborado autóctono en toda a superficie dos estacionamentos (pra proporcionar hábitats naturais).
  • Este tipo de estacionamentos melloran e atemperan a climatización dos campus, permitindo aforros enerxéticos neste aspecto e o confort térmico (sombra).
  • As árbores plantadas protexéronse (sobre todo na fase inicial, cando o seu tamaño era menor) cuns bolardos para impedir a colisión dos vehículos.
  • Cada árbore ten unha escava ("alcorque") do tamaño do terrón/cadabullo ("cepellón") co que foi plantado, que mellora o grao de humidade do solo.
  • Inicialmente tamén se dotou cada árbore cun poste-titor para soportar o peso do toro da árbore e darlle resistencia fronte ás inclemencias.
  • Os noiros e o apantallamento vexetal está deseñado co fin de amortece-lo ruído e de evita-lo atropelo da fauna, tendendo a retela nas zonas naturais.
  • A presenza de arborado variado funciona como sumidoiro de contaminantes e de CO2.
  • As zonas verdes fomentan o confort e as actividades ó aire libre e de lecer.


electrolineira
Fase de construción inicial no ano 2001
electrolineira
Uso na actualidade (ano 2024)
electrolineira electrolineira electrolineira


Espazos protexidos con valor patrimonial: