Sobre a OMA

A Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo (UVigo) constitúe o órgano representativo e competente para executar a política ambiental da Universidade.

Dentro da organización universitaria depende da Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade.


Entre as súas funcións están:

  • Previr os impactos ambientais e intervir en actuacións para corrixilos.
  • A conservación e a restauración do medio natural.
  • Promover accións que aumenten a calidade do medio natural.
  • Asesorar a comunidade universitaria en materia ambiental.
  • Fomento da educación e da sensibilización ambiental.

OMA | Estrutura

A OMA está dirixida por unha persoa pertencente ao persoal da Universidade de Vigo, nomeada polo equipo de goberno como directora da Área de Xestión Ambiental. Ademais, conta con outra persoa que exerce como Técnica/o Superior de Xestión Ambiental da UVigo (PAS: Persoal de Administración e Servizos).

Tamén se convocan bolsas de formación para proxectos e actividades ambientais que se desempeñan nesta oficina por distintos períodos.

OMA | Equipo de Traballo

Mª Delfina
Couce Fortúnez

Directora de Área de Xestión Ambiental

Sergio
Ramos Felípez

Técnico Superior de Xestión Ambiental da UVigo

OMA | Ámbitos de Traballo

Conservación do Medio Natural: xestión de Zonas Verdes:

  • Plantación de especies autóctonas e reprodución de planta para reforestación e restauración.
  • Control e erradicación de especies invasoras.
  • Xunto coa Unidade de Xardinería e Paisaxismo da UVigo planifícanse os traballos de mantemento e conservación das zonas verdes dos campus, así como das infraestruturas relacionadas (estacionamentos, sistema viario e peonil, drenaxes, estanques, etc.): roza, corta, poda, despedregado, limpeza, rega, aviveirado...
  • En función da climatoloxía, da evolución vexetativa das diferentes cubertas vexetais e do calendario universitario, planifícanse as tarefas de conservación co obxectivo de aumentar a calidade ecolóxica, tentando incrementar a biodiversidade e o potencial ornamental e paisaxístico das zonas verdes.
  • Triturado de residuos verdes e aproveitamento para compostaxe.
  • Mantemento das marxes e franxas para a prevención de incendios forestais.
  • Control (poda e corta) de especies avellentadas, con enfermidades ou pragas ou que supoñan un risco de caída.
  • Elaboración de inventarios faunísticos e florísticos xeorreferenciados.
  • Estudo dos recursos hídricos subterráneos e superficiais dos campus, co fin do seu aproveitamento sostible para a rega, a extinción de incendios e a creación e o mantemento de hábitats naturais.
  • Recuperación e mellora de hábitats e espazos degradados.

Xestión ambiental: manexo de recursos, enerxías, materias primas e residuos:

  • Recollida de residuos químicos perigosos de laboratorio.
  • Recuperación e aproveitamento de RAEE (residuos electrónicos) no Gruvi (Grupo de Reciclaxe Informática).
  • Xestión de residuos de experimentación animal (sandach).
  • Xestión de luminarias (Ambilamp).
  • Recollida de consumibles informáticos (cartuchos e tóneres).
  • Seguimento e control de consumos: auga, electricidade e combustibles.
  • Fomento das enerxías renovables (solar fotovoltaica, solar fototérmica, xeotérmica, biomasa, eólica, etc.).
  • Elaboración da Pegada de Carbono e da Pegada Ecolóxica.

Sensibilización e formación:

  • Programa de educación, concienciación e sensibilización ambiental: visitas con escolares por itinerarios naturais dos campus (“Universidade é Natureza” e “Ruta das árbores”) para o coñecemento da fauna, da flora e da paisaxe dos campus.
  • Bolsas de formación para o estudantado universitario (6 bolsas na OMA nos 3 campus).
  • Convenios de colaboración para proxectos de fin de grao e de mestrado.
  • Campañas de voluntariado ambiental para traballos de conservación.
  • Conservación do patrimonio ambiental e arqueolóxico.
  • Campañas de aforro e eficiencia enerxética e do fomento do transporte colectivo.
  • Cursos e seminarios de formación sobre a produción, recollida e xestión dos residuos.
  • Promoción de colectores internos de recollida selectiva de residuos.
  • Loitar contra os puntos de verteduras incontroladas de residuos e entullos.
  • Promoción da “compra verde” e sostible.
  • Mantemento e difusión de contidos ambientais na web e nas redes sociais (RR.SS.) da OMA.