Plan de aforro do consumo de auga

Actuacións acometidas:

  • Creación dun comité ambiental que ten en conta este aspecto do consumo e aforro da auga como recurso.
  • Elaboración dun plan de acción co obxectivo de optimizar o consumo de auga.
  • Seguimento dos consumos mensuais e anuais, o máis sectorizado posible (contadores independentes por centro), para detectar perdas ou fugas e incidir nos puntos onde se poden conseguir medidas máis eficientes.
  • Faise un mantemento preventivo e correctivo das instalacións de fontanería e calefacción.
  • Instalación de aireadores-difusores en cada billa dos aseos e lavabos de cada un dos centros dos campus.
  • Instalación de billas con pulsadores dotados de temporizador, para evitar que estas queden abertas e controlar o seu tempo de uso.
  •                    
  • Instalación de cisternas de dobre descarga.
  •                              
  • Axuste dos caudais mediante o peche parcial das chaves de paso.
  • Información e concienciación das persoas usuarias a través de cartelería ben visible e a través da web de sostibilidade da universidade e do histórico de consumos no Portal de Transparencia.
  • Instalación de fontes refrixeradas onde se promove traer o propio vaso ou botella, de xeito que se evite o consumo indiscriminado e compra de auga embotellada (plástico da botella como residuo).
  • Promover nas cafeterías e comedores o uso de xerras de auga que se recolle das fontes refrixeradas.
  • Dotar os sistemas de rega das zonas verdes de equipos e tecnoloxía que prime un consumo de auga correcto e eficiente.
  • As instalacións contra incendios que consuman auga deben estar ben planificadas e mantidas correctamente para que o seu consumo sexa eficiente e non presenten fugas.
  • Protexer e conservar as zonas de minas de auga como acuíferos e mananciais dentro das zonas verdes, así como as canalizacións rurais tradicionais.
  • Reciclaxe e aproveitamento para rega da auga de recambio da piscina do campus de Ourense (o campus de máis calor estival e maiores períodos de seca).
  • Adaptarse e funcionar segundo os réximes de auga de cada estación do ano e das condicións meteorolóxicas do momento, sobre todo no enchido de alxibes e na rega de zonas verdes.
  • Xestionar correctamente os residuos para que teñan un destino adecuado. Pequenas cantidades de residuos de laboratorio, segundo sexa a súa perigosidade, poden contaminar miles de litros de auga (non os botes polos desaugadoiros). A UVigo ten un protocolo estandarizado e periódico para a recollida deste tipo de residuos.
  • No tocante á docencia e á investigación, ademais das materias impartidas en relación co aforro e xestión da auga en varias titulacións de temática ambiental. Hai que destacar o importante fito da creación do Campus da Auga no campus de Ourense, dedicado especialmente a proxectos de investigación nesta temática.
  • Nos pregos de prescricións dos contratos dos Servizos de Limpeza está contemplada a comprobación, a última hora da xornada laboral, do correcto peche de billas e cisternas, así como a non existencia de fugas e goteos nelas. Estes servizos tamén teñen estipulado usar sistemas eficientes de fregado e de economización de auga, así como materiais con sistemas de microfibra que permiten aforrar auga e produtos. Os útiles empregados terán unha codificación por cores para evitar a contaminación cruzada e optimizar a súa limpeza. Fomentarase o uso produtos con ecoetiqueta, para minimizar a contaminación das augas. Ademais, todo o seu cadro de persoal participa nun plan de formación e concienciación ambiental. Pola súa parte, están encargados tamén do reforzo da cartelería para fomentar o aforro e o bo uso da auga e cambiar hábitos (uso da dobre descarga nas cisternas dos WC, non usar o WC como papeleira, evitar a utilización de produtos tóxicos, etc.). E, ademais, cando sexa o caso, empregaranse augas recicladas que se aproveitarán para tarefas de baldeo e exteriores e rega de plantas se a calidade da auga o permite.

Melloras racionais planificables a futuro para desenvolver dentro do plan de aforro de auga da UVigo:

  • Seguir pensando e promovendo sistemas de recirculación de auga usada para que teñan un segundo aproveitamento (p. ex. para rega; caso da auga da piscina no campus de Ourense).
  • Seguir controlando e mellorar os equipos de laboratorios e talleres de xeito que sexan o máis eficientes posible no consumo de auga.
  • Na actualidade, os edificios máis modernos dos campus, sobre todo os de investigación punteira como o Cacti, Cinbio, Cintecx, Campus da Auga, etc., contan con enfriadores e recirculadores de agua para diminuir o seu consumo:

  • Seguir implantando equipos de descontaminación de efluentes naqueles equipos que poidan constituír contaminacións potenciais máis críticas para as augas. Na actualidade disponse dun sistema de descontaminación integral de residuos e efluentes de laboratorio NCB3 con seguimento de tratamientos.

  • Considerar a instalación de sistema de recollida e aproveitamento de augas pluviais.
  • Seguir traballando na recompilación de datos de consumos en tempo real a través de sistemas telemáticos (Plataforma Santra), constatando a "bondade" do valor dos datos obtidos.
  • Controlar e mellorar os mecanismos de seguimento de fugas e perdas de auga.
  • Continuar coa concienciación e corrección dos "malos hábitos" dun consumo inapropiado: promoción dun código de boas prácticas.
  • Mellorar o deseño de situación e distribución das fontes nos centros e fomentar traer o propio envase para non xerar residuos. Garantir as condicións hixiénico-sanitarias adecuadas da auga subministrada.
  • Seguir adaptando as zonas verdes (selección de especies e o seu coidado) para que estean naturalizadas e non precisen máis auga da necesaria da que lle corresponde por zona climática (menores requirimentos hídricos).
  • Fomentar as zonas de sombra e os espazos frescos naturais.
  • Minimizar as superficies "duras" (asfalto, cemento, beirarrúas...) e fomenta-las superficies frescas permeables.
  • Seguir fomentando nas contratas dos Servizos de Limpeza o consumo moderado e responsable da auga e dos produtos e substancias menos contaminantes, así como a vixilancia ó final de cada xornada de que non queden billas abertas ou cisternas goteando.

Hai que ter en conta que a lexislación actual, respecto da recollida de auga de chuvia, varía segundo a comunidade autónoma. En xeral, permítese a súa captación para uso doméstico e agrícola, sempre e cando se cumpran certos requisitos:

  • Que sexa filtrada e clarificada, de xeito que se evite a contaminación microbiana e por partículas.
  • Que se obteñan os permisos correspondentes.
  • Que se acometa fóra de contornas protexidas.
  • Que non interfira o mantemento de caudais ecolóxicos.
  • Que non impida a recarga natural dos acuíferos.
  • Que respecte os dereitos de auga da veciñanza.

É importante consultar as normativas específicas de cada rexión, xa que algunhas comunidades poden ter restricións adicionais ou regularizacións máis estritas.

Con todo, recircular auga ou captala da chuvia pró seu consumo é un despropósito se o custo da súa captación e do seu tratamento supón máis có custo da subministración da "auga da traída" (que se xestiona en conxunto), sobre todo se estamos a considerar zonas nas que non afecta a seca e a demanda de auga non supón un problema habitual. Ademais, o uso deste tipo de captación pode ser limitado debido a que non é potable e ten certos riscos de contaminación microbiolóxica se o seu almacenamento non é o adecuado.

Nos últimos 12 anos vense constatando na UVigo unha redución do consumo de auga, aínda tendo en conta que a edificación e as dotacións medraron neses anos en cada un dos tres campus (Vigo, Ourense e Pontevedra).


Histórico dos consumos de auga na UVigo

Aínda así, cómpre promover a implantación de opcións de mellora día a día para seguir reducindo e optimizando o seu consumo e a súa utilización, así como facer o seguimento das xa existentes e a implantación das medidas en tódalas instalacións.


Cartelería variada para a concienciación do aforro de auga nos campus

Información ofrecida para a sensibilización do aforro de auga nos campus