Colector Azul de Papel e Cartón

Colectores internos

Arelando facilitar a recollida do papel usado, a OMA vén desenvolvendo nos últimos anos unha experiencia para solucionar os problemas de recollida deste residuo no interior dos centros.

Para facilitar a recollida do papel optouse pola instalación duns colectores azuis de 90-120 litros, con tapa superior e rodas. Estes colectores están convenientemente rotulados cunha etiqueta frontal na que se indica claramente "SÓ PAPEL E CARTÓN".

Consellos para usuarios responsables

Para facilitar o traballo dos Servizos de Limpeza debemos tentar conseguir un uso racional dos colectores internos:

  • Non depositar elementos moi grandes (caixas, embalaxes, etc.), que deben depositarse directamente nos colectores exteriores instalados na rúa.
  • Non depositar elementos moi pesados (libros, catálogos, etc.), que deben depositarse directamente nos colectores exteriores instalados na rúa.
  • Encartar as pequenas caixas de cartón antes de depositalas no colector azul.
  • Retirar os elementos que non sexan papel (cintas de plástico, espirais de cadernos, grapas, etc.) para facilitar a reciclaxe.
  • Non se deben usar os colectores azuis para eliminar outros residuos (vasos de café, latas, plásticos, cabichas, etc.), non son papeleiras.

Que debo depositar?

  • Papel, follas e folios de papel, cartón, sempre limpos (sen manchas de aceite ou outros residuos orgánicos).
  • Embalaxes de cartón limpos, sen restos de comida e sen restos doutros materiais (sen grampas, plásticos, cintas adhesivas, precintos, etc.) ben pregados/encartados.

Que non debo depositar?

  • Papel hixiénico ou de cociña que estea sucio, panos de man con restos de comida, graxas, etc.
  • Papel con partes adhesivas, como por exemplo o das notas recordatorias (post-it).
  • Papeis encerados, como os usados en carnicerías e charcuterías.
  • Papeis metalizados como o dos envoltorios de goma de mascar, tabaco, bombóns, etc.
  • Papeis plastificados usados en postais, pastas de cadernos, propaganda, etc.
  • Envases multimateriais como o dos sobres con ventá, bolsas de pan, etc.
  • Pratos e vasos de papel recubertos normalmente con película impermeable.
  • Fotografías.
  • Etiquetas adhesivas.
  • Papel de calco.
  • Ningún tipo de brik.