Estacionamentos "Verdes"

Dentro do Plan de Mobilidade, unha das consideracións que se ten en conta é a superficie dedicada ós estacionamentos para vehículos (tanto de combustión, como eléctricos e bicicletas). Téntase que a súa ocupación sexa mínima para non sacrificar espazos verdes nin construír superficies que poidan ser fonte de contaminantes químicos e sonoros, nin diminuír a absorción de auga no terreo. É por iso que se deseñan áreas próximas ós edificios, moitas veces mesmo son subterráneos (por ex. no Xurídico de Ourense, Enx. Industrial Sede Cidade, no edificio advo. Exeria), para minimizar a súa afección.

A OMA (Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo) asesorou na UVigo o deseño e seguimento da construción das zonas de estacionamento do campus das Lagoas-Marcosende de Vigo, atendendo a importantes criterios ambientais para que os estacionamentos se integrasen na contorna vexetal existente (Estacionamentos Verdes):

  • Que estivesen situados próximos ós centros, sen se esparexeren, respectando a contorna natural e a paisaxe.
  • Que ocupasen unha área razoable e axustada ó persoal e ó alumnado de cada ámbito e de cada centro.
  • Base construída cun sistema de estabilización do solo, permeable á auga, que permite o crecemento de herba e amortece as arroiadas.
  • Plantouse unha densidade importante de arborado autóctono en toda a superficie dos estacionamentos (pra proporcionar hábitat natural e sombra).
  • Este tipo de estacionamentos melloran e atemperan a climatización dos campus.
  • As árbores plantadas protexéronse (sobre todo na fase inicial, cando o seu tamaño era menor) cuns bolardos para impedir a colisión dos vehículos.
  • Cada árbore ten unha escava ("alcorque") do tamaño do terrón/cadabullo ("cepellón") co que foi plantado, que mellora o grao de humidade do solo.
  • Inicialmente tamén se dotou cada árbore cun poste-titor para soportar o peso do toro da árbore e darlle resistencia fronte ás inclemencias.
  • Os noiros e o apantallamento vexetal está deseñado co fin de amortece-lo ruído e de evita-lo atropelo da fauna, tendendo a retela nas zonas naturais.


electrolineira
Fase de construción inicial no ano 2001
electrolineira
Uso na actualidade (ano 2024)
electrolineira electrolineira electrolineira