Bandexas e caixas de polistireno expandido (poliexpán) de froitas, verduras, carne, peixe, etc.
Sistemas de barreira estéril (bolsas, bandexas e materiais necesarios para preservar a esterilidade do produto).
Mallas e redes para laranxas, patacas, cebolas, etc.
Friameiras desbotadas.
Aneis de suxeición de packs, como os das latas de refrescos.
Material de recheo e burbullas.
Material de embalaxe como correas ou tiras de metal ou plástico, así como atillos/atumes e cordas e cordeis.
Envases tipo blíster de pilas, bombillas/lámpadas, lapis, cravos, coitelas, etc
Barquetas de verduras, froitas, carnes, etc.
Recipientes plásticos para ovos.
Redes plásticas de envoltorios de froitas e verduras.
Caixas de doces.
Película ou lámina de envoltura de caixas de CD (non a caixa en si).
Bolsas de envío de catálogos e revistas.
Moldes de repostería vendidos con produtos de repostería.
Rolos, tubos e cilindros arredor dos que se enrola un material flexible, utilizados para presentar un produto como unidade de venda.
Macetas destinadas a utilizarse unicamente para a venda e o transporte de plantas e non para que a planta permaneza nelas.
Eixes porta CD vendidos cos CD, pero non destinados ó almacenamento.
Perchas/alcándaras/colgadoiros para prendas de vestir (vendidas co produto).
Cápsulas para máquinas de bebidas (café, cacao, leite) que quedan baleiras despois do seu uso.
Botellas/Bombonas de aceiro recargables usadas para diversos tipos de gases a presión, agás os extintores de incendios e aquelas que conteñan residuos perigosos (ver pictogramas de risco).
Fundas de plástico para roupa limpa de lavandería deseñadas e destinadas para encherse no punto de venda.
Tarros de cerámica (p. ex. crema catalá, leite callado, etc.).
Caixas de mistos.
Caixas, caixóns ou caixiñas de madeira ou cortiza/*corcho, que pertenza a envases ou residuos de envase.
Considéranse parte de envases:
Cepillos de rímmel que forman parte do pechamento do envase.
Grampas.
Fundas de plástico.
Dispositivos de dosificación que forman parte do peche dos envases de deterxentes.
Muíños mecánicos integrados nun recipiente non-recargable.
Se foron deseñados e destinados para encherse no punto de venda:
Bolsas/sacolas de papel ou plástico envoltorio do produto vendido.
Películas ou láminas como envoltorio do produto vendido.
Bolsas que se venden cos bocadillos.
Papel de aluminio.
Pratos e vasos dun só uso enchidos no punto de venda.
Etiquetas colgadas directamente do produto ou atadas nel.
Que non debo depositar?
Bolsas/sacolas empregadas para a entrega e recollida dos residuos urbanos/municipais de orixe doméstica (excluíndo as bolsas dun só uso entregadas nos comercios aínda que posteriormente se usen para este fin).
Cestas da compra.
Envoltorios que se incorporan ó produto no momento da súa venda polo miúdo ó consumidor final.
Sobres.
Recambios para estilográficas ou bolígrafos/canetas.
Radiografías, fotografías, papeis plastificados, transparencias de retroproxectores, películas de vídeo, carretes de foto, cables, enchufes, etc.
Bolígrafos/canetas, rotuladores, calculadoras.
Cintas magnéticas de vídeo/son/datos-informáticos.
CDs,DVDs.
Caixas de CD, DVD ou vídeo.
Eixos porta CD-DVD (vendidos baleiros por separado, destinados ó almacenamento).
Carteiras, portafolios e outros utensilios similares empregados para portar documentos.
Moedeiros e billeteiras.
Maletas.
Chisqueiros/acendedores.
Bolsas para infusións, unidas inseparablemente ó produto que conteñen.
Caixas de lentes de contacto e de anteollos.
Luvas, caldeiros de plástico, cepillos, biberóns, cueiros.
Enxoval do fogar (louza, tixolas, olas, tendais).
Téxtiles (mantas, alfombras, roupa, cortinas, etc) e calzado.
Perchas/alcándaras/colgadoiros para prendas de vestir (vendidas por separado).
Electrodomésticos (ferro de pasar, torradoras de pan, etc).
Persianas.
Tubos/tubaxes de canalización.
Mobles, aínda que sexan de plástico ou metal.
As macetas previstas para que as plantas permanezan nelas durante a súa vida.
Caixas de ferramentas.
Capas de cera que envolven o queixo.
Peles de salchichas ou embutidos.
Removedores.
Cubertos dun só uso.
Cápsulas para máquinas de bebidas (café, cacao, leite) que se eliminan co produto usado.
Bolsas de papel, de aluminio e monodoses e filtros para máquinas de bebidas (café, cacao, leite), que se eliminan co produto usado.
Cartuchos e tóneres para impresoras e fotocopiadoras.
Bolsas solubles para deterxentes.
Soportes, plataformas e caixiñas de candeas.
Papel de embalaxe (vendido por separado).
Moldes de papel para forno (vendidos baleiros).
Moldes de repostería vendidos baleiros.
Etiquetas de identificación por radiofrecuencia (RFID).
Muíños mecánicos integrados nun recipiente recargable.
Vasos, pratos ou cubertos de plástico dun só uso, comprados por separado e que non foron enchidos no punto de venda.
Xiringas, bolsas de plasma e produtos que, debido á súa finalidade, poidan considerarse produtos sanitarios.
Frascos ou bolsas para tomas de mostras de sangue, feces ou ouriños e outros recipientes similares usados con fins analíticos.
Prospectos ou instrucións que acompañen os medicamentos/menciñas nos seus envases.
Botes ou botellas con restos de produtos que sexan nocivos ou perigosos, como pinturas, colas, disolventes, vernices, adhesivos, etc.