Mobilidade

O transporte con consumo de combustibles fósiles é un dos sectores que xera un maior volume de gases de efecto invernadoiro que afectan o cambio climático e, para reducilos, a UVigo abordou unha serie de actuacións dentro do Plan Suvi (Plan de Sostibilidade da UVigo).

Por unha banda apóstase polo uso de novos vehículos con menos emisións, polo que o parque móbil da UVigo se renovou, substituíndo aqueles vehículos máis antigos e contaminantes. A isto, súmaselle que se introduciron criterios de sostibilidade nos contratos de subministración de carburantes para aqueles vehículos con combustibles fósiles que usa o parque móbil da UVigo.

Por outra, estase a fomentar unha mobilidade máis sostible entre toda a comunidade universitaria, e para iso promóvese o transporte colectivo (buses municipais e comarcais, bus gratuíto para o persoal, trens) e tratar de maximizar a ocupaciòn dos vehículos compartidos a través de determinadas campañas.

Tamén se está a incidir no fomento da utilización de vehículos eléctricos, para o cal se instalaron varios puntos de recarga eléctrica (electrolineiras) accesibles en diferentes puntos dos estacionamentos dos tres campus.


electrolineira
Un dos puntos de recarga (electrolineiras) para vehículos eléctricos nos campus

campus Vigo
Tipoloxía dos novos vehículos menos contaminantes incorporados na UVigo