Cada un de nós, a través das nosas accións, temos un peso moi importante de influencia na contorna. Ó final, as consecuencias globais son simplemente a suma das consecuencias derivadas das nosas accións individuais. Un comportamento responsable nas nosas rutinas faríanos avanzar cara a un desenvolvemento sostible global e integrador.
Para cambiares, só precisas pararte a pensar:
Nos pequenos cambios individuais atópase a resposta dos cambios globais.
Desde a Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo ofrécese a posibilidade de participar activamente a prol do medio ambiente dende distintas perspectivas.
En primeiro lugar, a través da OMA da Universidade de Vigo é posible colaborar cos proxectos que se desenvolven no noso programa de voluntariado ambiental, que forman parte dos voluntariados propios da Universidade de Vigo.
De segundo, desenvolveuse unha plataforma de intercambio de materiais, a través da que se pretende dar unha segunda oportunidade aos materiais que xa non son útiles para quen os posúe, pero que aínda non completaron a súa vida útil: ordenadores, impresoras, cartuchos de tinta, mobles, etc. Non os tires, dálles utilidade!
De terceiro, a través da campaña "Cheo, por favor" desenvolveuse unha plataforma para compartir vehículo, na que as persoas interesadas poden describir o traxecto que van realizar para chegar a cadanseu campus e ofertar as prazas que teñan libres.
E por último, periodicamente propóñense actividades, xornadas ou campañas nas que todo o mundo pode participar.