Consumibles de Oficina: cartuchos e tóneres

A Universidade de Vigo ten contratado un xestor autorizado (CORE CORUÑA S.L.) para a recollida e valorización dos cartuchos e tóneres de impresión usados.

CORE colocou colectores de cartón (ecocaixas) en tódolos centros para a recollida dos consumibles de oficina: cartuchos de tinta e tóneres de impresoras, multifuncións e fotocopiadoras. Nestes colectores figura o anagrama da empresa, un número de teléfono de contacto e o anagrama de UNICEF, organización coa que colabora doándolle o 0,7 % do valor dos consumibles recollidos.

CORE fai unha recollida periódica dos consumibles depositados nos colectores, aínda que tamén se pode avisar por teléfono (que figura nos colectores: 981 160 446) para informar de cando estean cheos.

Información para usuarios responsables

CORE é a única empresa que dispón de autorización para a recollida de consumibles de impresión xerados na Universidade de Vigo.

  • Os colectores instalados son exclusivamente para a recollida de cartuchos e tóneres de impresión. En ningún caso se poden empregar estes colectores para eliminar calquera outro residuo
  • Os cartuchos e tóneres deben introducirse nos colectores sen restos de embalaxes (caixas, bolsas de plástico, etc.)
  • O emprego de cartuchos reutilizados aforra recursos, enerxía e diñeiro, ademais de minimizar a produción de residuos.