Peonalización na UVigo

É doado chegar ós campus urbanos como o de Ourense e o de Pontevedra, tanto a pé como en bicicleta.

Dentro de cada campus existe un sistema ben desenvolvido de camiños, sendas, beirarrúas e pasarelas que permiten a intercomunicación entre os centros e polas inmediacións de cada centro.

No caso do campus de Vigo (As Lagoas-Marcosende), o máis extenso, dotado da maior zona de espazos naturais e naturalizados, existen ademais varias sendas e trazados que discorren por eles.

No caso do campus de Ourense pódese pasear no campus novo polo Parque Ambiental situado na súa zona central, con varias sendas, estanques e o arboretum que o compón, ou acceder a lugares próximos como son a senda que percorre o río Lonia (Loña) (afluente do río Miño que conecta con el nas proximidades).

O campus de Pontevedra tamén conta con espazos ambientais moi próximos nos que beneficiarse dun paseo saudable, como por exemplo a Illa das Esculturas ou a Xunqueira do Alba.


Nalgunhas partes dos trazados das sendas e camiños colócanse separadores para impedir o acceso de vehículos e téntase favorecer que sexan amigable para o acceso a persoas con mobilidade reducida.