A Universidade de Vigo (UVigo) está comprometida, a través da súa Política de Sostibilidade, na consecución dos seguintes obxectivos, dentro do Plan de Sostibilidade (Suvi):
Institución: campus sostibles e saudables:
- Coordinar as estruturas, as actividades e os servizos relacionados coa sostibilidade.
- Impulsar os procesos de mellora da calidade relacionados coa sostibilidade.
Ambiental: conservación da natureza:
- Conservar, crear e transformar os campus en espazos axeitados para a vida, acorde coas necesidades da comunidade, abertos á cidadanía, respectando a natureza, a paisaxe e a contorna.
- Desenvolver as actividades universitarias de xeito que se neutralicen ou minimicen os impactos ambientais negativos.
- Favorecer e protexer a biodiversidade e os ecosistemas.
- Fomentar o uso de enerxías limpas renovables para axudar a frear o cambio climático, así como o aforro enerxético.
- Implantar un programa propio de mobilidade sostible.
- Continuar co Plan SUVI (Plan de Sostibilidade da UVigo - 'Universidade Sostible e Saudable'), acorde cos ODS e a Axenda 2030 de Nacións Unidas.
O eixo vertebrador do plan é a creación de sinerxias entre a docencia, a investigación e a xestión dos campus, co fin de desenvolver proxectos innovadores, interdisciplinarios e participativos que revertan directamente e de forma aplicada en toda a comunidade, así como no espazo físico da UVigo. O plan estruturase en varias liñas estratéxicas:
- territorio e biodiversidade
- recursos
- enerxía
- auga
- residuos
- mobilidade
- neutralidade de carbono
- estilo de vida activo
- benestar emocional
- alimentación saudable
- ocio
- coñecemento: aprendizaxe, docencia, investigación e comunicación
Económica: compra verde
- Mellorar o comportamento socioambiental dos sistemas de compras e contratación, así como os de obras e servizos.
- Fomentar o comercio xusto.
- Fomentar a economía do ben común.
- Promover o uso eficiente dos recursos económicos e materiais.
- Apoiar a produción responsable e o emprendemento baseados en valores e acción participativa.
- Fomentar as comunidades sostibles.
- Loitar contra a corrupción.
Cultura: educación e investigación
- Promover o desenvolvemento, a investigación e a innovación sostible de infraestruturas e tecnoloxías.
- Difundir e achegar á sociedade a actividade de investigación e os resultados en materia de sostibilidade.
- Apoiar iniciativas de investigación propias para contribuír a unha universidade e a unha sociedade máis xusta e sostible.
- Educar e sensibilizar o persoal e o estudantado en materia de sostibilidade.
- Avaliar as competencias específicas de sostibilidade nos programas de formación e facer un seguimento da súa implantación.
- Protexer e dar a coñecer o patrimonio cultural e patrimonial dentro dos campus da universidade.
- Fomentar a cultura da saúde e do benestar sostible.
Social: compromoso social e participación
- Fomentar a accesibilidade como un medio para favorecer a igualdade de oportunidades, a diversidade, a xustiza, a inclusión, o respecto e a participación.
- Fomentar o voluntariado e a colaboración en materia de sostibilidade.
- Promover un modelo coherente de interacción coa contorna, baseado en alianzas con institucións e redes locais, autonómicas, nacionais e internacionais con relevancia en sostibilidade.
- Desenvolver accións e incentivos para mellorar a ecoeficiencia e a implantación de boas prácticas sostibles.