Teléfonos móviles

Campaña "Mobilízate pola selva"

Mobilízate pola selva é unha campaña de reciclaxe de teléfonos móbiles, lanzada polo Instituto Jane Goodall España. A Oficina de Medio Ambiente (OMA) quere colaborar activamente coa devandita asociación de xeito que ten instalados puntos de recollida de teléfonos móbiles nas facultades do Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra.

Os obxectivos principais da campaña son:

  • Reutilizar terminais e reduci-la insustentable demanda dos seus compoñentes.
  • Reciclar elementos útiles e dispor adecuadamente os materiais tóxicos, evitando a contaminación do medio natural.
  • Recadar fondos para os programas de educación e conservación na República do Congo, como é o caso do Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga.

A OMA instalará un punto fixo no campus de Ourense (na Facultade de Ciencias) para recoller os teléfonos móbiles. Nos campus de Pontevedra e Vigo instaláronse uns colectores itinerantes coa intención de que participe o maior número de persoas (a través da web da OMA e das listaxes de correo electrónico 'comunidade' e 'avisos', informaremos da súa localización).

Estes colectores están disponibles na conxersería de cada facultade