Participación da UVigo na Alianza Galega polo Clima

A Alianza Galega polo Clima é unha iniciativa que avoga pola busca de medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxias na acción climática en Galicia. Esta Alianza reúne organizacións que están dispostas a asumir un compromiso para avanzar na mellora do medio ambiente, a consecución dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS) e a Axenda 2030. Inclúe entidades, empresas, asociacións profesionais e organizacións sindicais, así como, ONGs ambientais, entidades da sociedade civil e administracións públicas que queiran achegar a súa experiencia e formar parte dunha Galicia neutra.

Entre os seus membros está a Universidade de Vigo, que se sumou a esta iniciativa no ano 2022.

Compromisos:

  • Loita contra o cambio climático:

    Aspira a reunir a maior cantidade de entidades galegas comprometidas coa Acción Climática co obxectivo de mellorar o efecto das súas actuacións na loita contra o cambio climático.

  • Compromiso común:

    Avoga por un compromiso visible das diferentes organizacións que a integran, que definirá a priorización de estratexias e iniciativas comúns que contribúan á resolución dos principais problemas ambientais de Galicia.

  • Xestión eficiente:

    Servirá para identificar os factores, as fendas de coñecemento e de xestión que obstaculizan que as organizacións asuman un compromiso ambiental.
    Ofrecerá ferramentas a pequenas e medianas empresas para a súa incorporación activa á alianza co fin de que acaden unha mellora ambiental dos seus procesos.

  • Mellora ambiental:

    Impulsará iniciativas de mellora nas prácticas ambientais das organizacións e da sistemática de compartir boas prácticas e o recoñecemento público a esta implicación coa mellora do medio ambiente.

  • campus Pontevedra