A Política Ambiental da UVigo concrétase en facer posible o compromiso asumido na súa misión como servizo público, dinamizando as súas tarefas e actividades entre a comunidade universitaria e o público en xeral, dentro dun marco sostible.
A UVigo proponse participar activamente no desenvolvemento sostible da sociedade, adquirindo o compromiso de coidar, atender e mellorar continuamente o efecto que as actividades dos servizos exercen sobre o medio ambiente en base ós seguintes compromisos:
- Cumprimento da lexislación e regulamentación que sexa aplicable ás súas actividades e áreas, así como outros requisitos ós que voluntariamente decida adherirse.
- Dispoñer dos medios e da formación e información necesaria para poder actuar de acordo con esta política, adecuándose o equipo humano constantemente ás novas tecnoloxías, mediante a formación continua, fomentando o respecto ambiental entre os subministradores e contratistas.
- Manter o máximo nivel de eficacia, para o que necesitan sistematizar as actividades dos servizos implicados. Os procedementos das actividades evitan improvisacións e reducen o impacto dos aspectos ambientais.
- Prevención, redución ou eliminación dos diversos tipos de contaminación ambiental no marco dunha mellora continua do comportamento ambiental e en función das súas posibilidades reais. Asemade, potenciarán a utilización sostible dos recursos naturais, reducindo, no posible, o uso de materias primas.
- Avaliar o impacto dos aspectos ambientais xerados co obxecto de previlos, eliminalos ou minimizalos.
- Establecer canles de comunicación, tanto internas como externas, que permitan dar resposta ás demandas de información relativas á xestión ambiental da UVigo, de tódalas partes interesadas.
Para o cumprimento dos compromisos establecidos dentro desta política ambiental, a UVigo establecerá e revisará periodicamente obxectivos específicos de actuación e aplicará os principios e prácticas ambientais de acordo co establecido nesta política.
É vontade da UVigo comunicar esta política a tódalas partes interesadas (docentes, alumnado, persoal, provedores, etc.), así como ó público en xeral, manténdoa a disposición de todas elas e colaborando coa Administración e con institucións sociais na sensibilización e concienciación para a protección e mellora ambiental.
Política Ambiental