Recollida de pilas e xestión de baterías
As pilas, debido aos produtos cos que están fabricadas (mercurio Hg, cadmio Cd, Cinc Zn, óxidos de prata Ag, etc.), están incluídas na categoría de residuos perigosos. Estes residuos deben ser recollidos e xestionados por empresas especializadas e debidamente autorizadas.
Son residuos que se consideran de produción doméstica (residuos domésticos/urbanos/municipais) e, aínda que sexan perigosos, teñen este carácter na UVigo debido a que as cantidades producidas e a súa composicion son similiares/asimilables ás producidas nos fogares.
Na Universidade de Vigo (UVigo), a recollida das pilas depende dos concellos no que se localiza cada un dos campus. Son eles quen distribúen gratuitamente colectores e os colocan en puntos estratéxicos para que a recollida sexa eficaz (mostradores de conserxerías, servizos de reprografía, etc.). Nos centros do campus de Vigo tamén podedes atopar colectores para pilas no exterior dos edificios, na illa de reciclaxe de colectores de lixo urbano.
Periodicamente, o servizo contratado polo concello pasa a recoller o contido dos colectores para transportalo ás plantas de tratamento. Se precisades dalgún colector adicional ou ben que algún colector cheo sexa baleirado, podédesvos pór en contacto coa OMA ou co Servizo de Limpeza do Concello:
Servizo de limpeza do Concello de Vigo (Vigo-Recicla):
986 485683
Servizo de limpeza do Concello de Pontevedra:
986 850225
Servizo de limpeza e Medio Ambiente do Concello de Ourense:
988 388135 ou 988 388142
Da xestión das baterías na UVigo (que conteñen ácidos e chumbo) encárgase a Oficina de Medio Ambiente (OMA), quen contacta con xestores autorizados para que este residuo perigoso sexa tratado axeitadamente.