Residuos de Aparatos Eléctricos y Electrónicos

Como regra xeral e primeiro proceder haberá que tentar a devolución de equipos vellos, avariados ou fóra de uso (computadores, impresoras, pantallas, fotocopiadoras, fluorescentes, etc.) aos provedores aos que se merquen equipos novos (na factura dos novos equipos comprados xa se inclúe o custo da xestión dos equipos retirados, polo que os provedores están obrigados a recollelos e darlles unha xestión adecuada).

A OMA encárgase da recollida de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) nos distintos centros da UVIGO, que non poidan xestionarse do xeito descrito no primeiro parágrafo.




Ademais, dende o ano 2006 a OMA participa de cheo no Programa de Voluntariado GRUVI (Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo), que se encarga de recuperar equipos informáticos da UVIGO para doalos, con software libre, a entidades sociais.

Soamente se poderá entregar material informático propiedade da Universidade de Vigo, unha vez dado de baixa no servizo de Patrimonio. Os particulares que queiran desfacerse dos aparellos eléctricos e electrónicos usados deberán entregalos ós provedores, que están obrigados a recollelos sempre e cando se adquiran equipos novos, ou ben ós respectivos concellos.

Os particulares poden dirixirse ós seguintes teléfonos de información dos concellos:

Concello de Vigo: 986 28 19 00

Concello de Pontevedra: 986 85 02 25

Concello de Ourense: 988 38 81 35

Solicitude de recollida de RAEEs

  • O centro (departamento, oficina, conserxaría, etc.) deberá solicitar a baixa dos equipos ao Servizo de Patrimonio da Universidade de Vigo. A solicitude deberá ser tramitada polo responsable do centro de gasto.

    Ficha de solicitude de obsolescencia cos Servizos Informáticos da UVIGO


    Ficha de solicitude de baixa de bens no inventario da UVIGO


  • MOI IMPORTANTE: O primeiro xeito de proceder trala baixa no inventario é a través da devolución aos provedores canda compra de aparatos novos. É dicir, se se compran equipos novos, os vellos deben entregarse ao provedor en número equivalente. Este paso é obrigatorio para os centros.

    Listaxe de aparellos eléctricos e electrónicos que deben entregarse ó provedor cando se compren equipos novos(ANEXO I do R.D. 208/2005)

  • Se non se compran equipos novos deberase remitir á OMA a ficha de solicitude de retirada de equipos, asinada tamén polo responsable do centro do gasto. Así mesmo, deberá enviarse unha fotocopia do documento que acredite que os equipos están dados de baixa no inventario da UVIGO, é dicir, os documentos de confirmación da baixa emitidos por Patrimonio.

    Ficha de solicitude de baixa de bens no inventario da UVIGO


    Nota: Para material da UVIGO non inventariado ou que por calquera razón non pode ser dado de baixa en Patrimonio, cubrirase só a solicitude de retirada, asinada polo responsable do centro do gasto, especificando que son equipos non inventariados.


  • Os voluntarios do GRUVI revisarán o material in situ, marcando e separando aquelas unidades susceptibles de seren reutilizadas.
  • O material válido (reutilizable) trasladarase ata o taller de reciclaxe do GRUVI.
  • Os novos equipos montados no taller serán doados mediante convocatoria pública a entidades sen ánimo de lucro.
  • O material non válido será recollido por un xestor autorizado pola Xunta de Galicia para este tipo de residuos.