Colectores internos
Arelando facilitar a recollida do papel usado, a OMA vén desenvolvendo nos últimos anos unha experiencia para solucionar os problemas de recollida deste residuo no interior dos centros.
Para facilitar a recollida do papel optouse pola instalación duns colectores azuis de 90-120 litros, con tapa superior e rodas. Estes colectores están convenientemente rotulados cunha etiqueta frontal na que se indica claramente "SÓ PAPEL E CARTÓN".
Consellos para usuarios responsables
Para facilitar o traballo dos Servizos de Limpeza debemos tentar conseguir un uso racional dos colectores internos:
- Non depositar elementos moi grandes (caixas, embalaxes, etc.), que deben depositarse directamente nos colectores exteriores instalados na rúa.
- Non depositar elementos moi pesados (libros, catálogos, etc.), que deben depositarse directamente nos colectores exteriores instalados na rúa.
- Encartar as pequenas caixas de cartón antes de depositalas no colector azul.
- Retirar os elementos que non sexan papel (cintas de plástico, espirais de cadernos, grapas, etc.) para facilitar a reciclaxe.
- Non se deben usar os colectores azuis para eliminar outros residuos (vasos de café, latas, plásticos, cabichas, etc.), non son papeleiras.