Dende a OMA (Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo) foméntanse diversas campañas que promoven a sostibilidade dos campus da universidade e do planeta. Todo o mundo pode participar nestas campañas, así que vos convidamos a colaborar e a participar connosco.
Na primavera do ano 2023 a OMA (Oficina de Medio Ambiente) xunto coa UCC (Unidade de Cultura Científica), organizadou na UVigo (nos 3 campus a un tempo) un bioblitz: un evento participativo de ciencia cidadá enfocado a atopar e identificar (quedando rexistradas) tantas especies como se puido na área específica de cada un dos campus, durante un tempo de 3 horas.
Adolfo Cordero |
#UVigoComparteCoche
A Universidade de Vigo pon en marcha unha iniciativa de coche compartido para toda a comunidade universitaria. A través da aplicación gratuíta Hoop Carpool, o estudantado, o PAS e o PDI poderán poñerse en contacto para compartir coche e gastos nos seus desprazamentos diarios aos campus e promover a sostibilidade.
Como compartir coche?
1. Descarga a app Hoop Carpool no teu móbil e rexístrate.
2. Introduce o código promocional #UVIGO220 para compartir gastos e acceder a cheques de gasolina gratis.
3. Publica os teus traxectos como persoa condutora ou acompañante.
4. Atopa unha persoa compañeira, chateade e reserva a túa viaxe.