A Universidade de Vigo (UVigo) é unha das universidades participantes no ránking Green Metric e, ademais, está rexistrada nos THE: "Ránkings de Impacto da Educación Superior do The Times" (The Times Higher Education Impact Rankings).
O ránking UI GreenMetric World University (de universidades a Nivel Mundial) é unha clasificación internacional entre os campus ecolóxicos participantes, comprometidos coa sostibilidade ambiental. Este ránking iniciouse na Universitas Indonesia no ano 2010. Na actualidade, a través de 96 indicadores (51 puntuables), repartidos en 6 categorías ponderadas, este ránking determina unhas clasificacións (posicións) das universidades participantes, de acordo coa puntuación que acadan, segundo o compromiso e as iniciativas ambientais marcadas nas súas respostas á enquisa de avaliación.
A metodoloxía usada selecciona criterios que xeralmente son considerados importantes polas universidades preocupadas pola sostibilidade. Estes inclúen a recompilación de información básica sobre o tamaño da universidade e o seu perfil de zonificación, ben sexa urbana, suburbana ou rural. Máis aló disto, valora o grao de cobertura de espazos verdes. Mide tamén o consumo de electricidade, vencellado á Pegada de Carbono. Valora o uso e o aforro da auga como recurso, a mobilidade e o transporte, a xestión dos residuos, a contorna e as infraestruturas, o compromiso no aforro da enerxía e no cambio climático, así como o esforzo en educación e investigación ambiental. Vixía tamén como as universidades están respondendo abordando os problemas de sostibilidade a través de políticas, accións e canles de comunicación.
Os criterios e a súa ponderación son:
O obxectivo deste ránking, o máis importante en materia de sostibilidade entre universidades a nivel mundial, promovido pola Universidade de Indonesia, é poñer de manifesto os esforzos realizados polas institucións para aplicar políticas e programas sostibles e respectuosos co medio ambiente.
|