A OMA (Oficina de Medio Ambiente da UVigo) vén colaborando con distintas administracións, asociacións, centros e entidades, en relación con cuestións de temática ambiental:
Consistiu nunha campaña de voluntariado para a recuperación e reforestación de bosque afectado polos incendios do ano 2025 en terreos da Asociación Ecolóxica-Cultural de Ridimoas.
O obxectivo desta acción foi sensiblizar sobre a conservación dos bosques e montes galegos e sobre o problema que lles causan os lumes forestais:
Actividades:
1 e 2 de maio: acción de voluntariado da UVigo coa Asoc. Ridimoas
Publicada por Juan Picos en 03/05/2026
Os días 1 e 2 de maio acompañei aos voluntarios de @uvigo @OMAUvigo nunhas xornadas de traballo para a recuperación dos montes de @Ridimoas , afectados polo #IFCarballedaDeAviaBeade.
— Juan Picos (@jpicos13) May 3, 2026
Seguide o fío e cóntovos o que estivemos a facer ?? pic.twitter.com/QaKQcXExNM
Teléfono: 986 813883
Email: oma2@uvigo.es