Rutas para colexios e institutos da bisbarra

Destinatarios

Trátase dunha actividade dirixida ó alumnado dos centros educativos de Vigo e bisbarra xunto co profesorado que o acompañe.

Descrición

O programa inclúe dous itinerarios principais guiados polo campus de Vigo nos que se amosan diferentes hábitats propios da nosa rexión e nos que se dá a coñecer a flora e a fauna autóctonas que habitan no campus, pretendendo concienciar e transmitir valores de respecto cara á Natureza.


O primeiro deles é o Itinerario de Cima, no que o alumnado poderá coñecer a parte máis alta do campus universitario e descubrirá a sucesión biolóxica da paisaxe, así como os restos arqueolóxicos do Neolítico (mámoas), as medidas correctoras que se adoptaron para minimizar os impactos provocados polas estradas e pasalo ben nun paseo cheo de contrastes naturais.


O segundo itinerario é o Itinerario de Fondo, no que o alumnado se achegará a diferentes ecosistemas acuáticos, aprenderá a descubrir pegadas de animais e coñecerá un fósil vivente de 300.000 anos de antigüidade, entre outras actividades que se realizarán.


Existen tamén outros itinerarios como o das Lagoas e Estanques da parte alta do campus (zona deportiva, Filoloxía e Económicas) ou do Souto e valgada da Cumieira que baixa á aldea de Vilariño.


O contido e duración de cada saída adaptarase ó nivel de cada grupo e ós seus coñecementos para que poidan deleitarse dunha xornada divertida e educativa.


Dende a Oficina de Medio Ambiente queremos que se interprete positivamente o noso patrimonio natural para poder valoralo e conservalo.



Descargar documentos:


      Guía 2005       Guía 2002

Queremos contar convosco!

Se estades interesados en participar no programa poñédevos en contacto connosco.

Galería de imaxes