Residuos

A actividade humana, en tódolos seus ámbitos, supón con frecuencia a xeración dalgún tipo de residuo. Un dos obxectivos do plan de sustentabilidade ambiental da universidade é o de realizar unha adecuada xestión deles na procura de minimiza-los impactos negativos que teñen sobre o medio e a nosa sociedade.

A Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo é a encargada da xestión de tódolos residuos ordinarios e perigosos que se derivan da actividade da comunidade universitaria, insistindo no importante labor de minimiza-la súa produción e perigosidade, así como o de fomenta-la súa reciclaxe e a súa reutilización para diminuí-los impactos derivados e o consumo de valiosos recursos naturais.