Vive Sustentablemente

Dende a Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo queremos promover a sustentabilidade na vida diaria de cada individuo. Para iso, pomos á vosa disposición unha lista de consellos que podedes levar á práctica no voso día a día.

Evita consumir plástico e producir e esparexer residuos plásticos

No apartado de "Xestión de Residuos" desta web, a OMA pon á vosa disposición infomación sobre a correcta separación dos residuos domésticos e asimilables a estes, así como de residuos perigosos e outras categorías de residuos, describindo o procedemento axeitado para unha correcta xestión de cada un deles.

Separa os teus residuos

No apartado de "Xestión de Residuos" desta web, a OMA pon á vosa disposición infomación sobre a correcta separación dos residuos domésticos e asimilables a estes, así como de residuos perigosos e outras categorías de residuos, describindo o procedemento axeitado para unha correcta xestión de cada un deles.

Aforra recursos

Neste apartado podedes atopar consellos para reducir o voso impacto ambiental (que se pode medir a través da Pegada Ecolóxica) promovendo pequenos cambios nas vosas accións cotiás.




Minimización de Consumo e Produción de Residuos Plásticos

Indicacións para a diminución da produción e consumo responsable de produtos plásticos




Decálogo para reducir a vosa Pegada Ecolóxica



Versión en Galego



Versión en Castelán




¿Queres ser unha biblioteca sustentable?




Boas Prácticas Ambientais


Auga
- Non deixar corre-a auga cando non sexa necesario.
- Pecha-la billa mentres nos enxaboamos, lavamos os dentes, afeitamos, etc.
- Comprobar que a billa queda ben pechada cando deixamos de empregar auga.
- Avisar ó responsable do centro cando se detecten goteos, fugas ou calquera outra avaría que supoña perda de auga.
- Non empregar o WC como vertedoiro.
- Evitar tirar da cisterna cando non sexa necesario.
- Empregando a descarga simple en cisternas de dobre pulsador reduciremos á metade o consumo de auga.

Aire acondicionado e calefacción
- Emprega-lo aire acondicionado e a calefacción só cando sexa necesario.
- Mante-los radiadores e as saídas de aire acondicionado libres de xeito que non se produzan perdas na climatización se impedimos a correcta difusión do aire.
- Se algunha estancia non se utiliza recoméndase cerrar ou baixar a tempoeratura nos seus radiadores.
- Evitar perdas innecesarias de calor en inverno e de frío en verán. Para realizar unha correcta ventilación basta con deixar as ventás abertas durante 10 minutos. En inverno, manter as portas exteriores pechadas na medida do posible.
- Aproveitar elementos como persianas, toldos e cortinas para protexer as estancias da radiación solar no verán. En inverno face-lo contrario, deixar pasar a calor do sol.
- Antes de acende-la calefacción, pensar se estamos mal abrigados. É un despropósito estar en mangas de camisa cando vai frío.

Iluminación
- Aproveitar ó máximo a luz natural;, é un recurso renovable e gratuíto.
- Apaga-la luz ó saírmos dunha estancia que quede baleira.
- Empregar niveis de iluminación non excesivos para as actividades que se realicen.

Papel
- Reduci-lo consumo de papel. Usar medios de almacenamento ou difusión electrónica/dixital cando for posible.
- Empregar papel reciclado.
- Usa-lo papel polas dúas caras tanto ó escribir, imprimir ou fotocopiar.
- Reutiliza-lo papel usado por unha cara para borradores ou como papel de notas.
- Depositar o papel gastado polas dúas caras no seu contedor de reciclaxe.
- Facer documentos con tamaños de letra, marxes e espazos entre liñas non esaxeradamente grandes.

Equipos informáticos
- Apaga-los equipos informáticos para períodos de inactividade superiores a unha hora.
- Configurar o salvapantallas en modo "pantalla en negro" e cun tempo de entrada en funcionamento de máximo 10 minutos.
- Configurar no ordenador, impresora e outros aparellos electrónicos nos que sexa posible, o modo de "aforro de enerxía".
- Desconecta-los ordenadores, fotocopiadoras, impresoras e outros aparellos electrónicos sen uso.
- Emprega-la vista previa antes de imprimir un documento.
- Empregar memorias USB regravables fronte a disquetes ou CDs dun só uso.
- Nos casos en que sexa posible, empregar un modo de "aforro de tóner" ó fotocopiar ou imprimir.
- Non cambiar cartuchos de tinta ou tóner ata acabalos completamente.
- Fomenta-lo uso do correo electrónico para comunicacións e intercambio de documentación.
- Usa-la opción de impresión a dobre cara.
- Deposita-los cartuchos de tinta e tóner nos colectores destinados para a súa reciclaxe.

Residuos
- Concienciación persoal sobre a correcta xestión de residuos e a separación selectiva de residuos dende a orixe.
- Aplica-lo código de conduta dos tres R: 1º reducir, 2º reutilizar e 3º reciclar.
- Segui-las instrucións da OMA para acondicionar cada unidade de residuo.
- Non verter á rede de saneamento restos de produtos contaminantes.

Hábitos de consumo
- Compra produtos coa menor embalaxe posible.
- Compra produtos que non teñan efectos nocivos sobre o medio ambiente e a saúde.
- Compra produtos procedentes da reutilización ou reciclaxe.
- Dá prioridade a elementos que dispoñan de recarga coma bolígrafos, pilas, cartuchos de tinta, etc.
- Adquire soamente as cantidades necesarias de produto para evitar excedentes que acaben converténdose en residuo.
- Gasta todo o material, sempre que sexa posible, ata a fin (rotuladores, bolígrafos, cadernos...)
- Fai un uso responsable de equipos e instalacións para evitar o seu desgaste excesivo.
- Elixe, na medida do posible, produtos ecolóxicos ou con algún tipo de certificación que garanta unha correcta xestión ambiental.

Transporte
- Cando for posible, fai os teus desprazamentos a pé ou en bicicleta.
- Emprega o transporte público en lugar de vehículo propio.
- Comparte vehículo con persoas que realicen o mesmo traxecto.
- O vehículo debe manterse en boas condicións e deben facerse as revisións periódicas recomendadas para favorecer o aforro de combustible e reduci-las emisións de gases contaminantes á atmosfera.
- Unha condución eficiente tamén permite un aforro de combustible e redución de emisións. Para acadar unha condución eficiente recoméndase buscar unha velocidade o máis constante posible, evitando acelerar ou frear bruscamente, e circular o maior tempo posible con marchas longas e baixas revolucións.