Trátase dunha actividade dirixida ó alumnado dos centros educativos de Vigo e bisbarra xunto co profesorado que o acompañe.
O programa inclúe dous itinerarios principais guiados polo campus de Vigo nos que se amosan diferentes hábitats propios da nosa rexión e nos que se dá a coñecer a flora e afauna autóctonas que habitan no campus, pretendendo concienciar e transmitir valores de respecto cara á Natureza.
O primeiro deles é o ITINERARIO DE CIMA, no que o alumnado poderá coñecer a parte máis alta do campus universitario e descubrirá a sucesión biolóxica da paixase, así como os restos arqueolóxicos do Neolítico (mámoas), as medidas correctoras que se adoptaronn para minimizar os impactos provocados polas estradas e disfrutará dun paseo cheo de contrastes naturais.
O segundo itinerario é o ITINERARIO DE FONDO, no que o alumnado se achegará a diferentes ecosistemas acuáticos, aprenderá a descubrir pegadas de animais e coñecerá un fósil vivente de 300.000 anos de antigüidade, entre outras actividades que se realizarán.
Existen tamén outros itinerarios como o das LAGOAS E ESTANQUES da parte alta do campus (zona deportiva, Filoloxía e Económicas) ou do SOUTO E VALGADA da Cumieira que baixa a aldea de Vilariño.
O contido e duración de cada saída adaptarase ó nivel de cada grupo e ós seus coñecementos para que poidan deleitarse dunha xornada divertida e educativa.
Dende a Oficina de Medio Ambiente queremos que se interprete o noso patrimonio natural para poder valoralo e conservalo.
Se estades interesados en participar no programa poñédevos en contacto connosco.
Teléfono: 986 813883
Email: oma2@uvigo.es