Participa nas campañas

Dende a Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo coordínanse diversas campañas que promoven a sostibilidade da universidade e do planeta. Todo o mundo pode ser partícipe destas campañas, polo que dende aquí convidámosvos a que colaboredes connosco.

Campaña: Cheo, por favor

O servizo de coche compartido é unha iniciativa da Universidade de Vigo coa que se pretende reducir o número de vehículos que se desprazan aos distintos campus (Ourense, Vigo e Pontevedra).

Campaña: Móvete no circular

A Universidade de Vigo crea o servizo Móvete no circular, como unha iniciativa gratuíta para atender as necesidades do alumnado e do PAS en materia de mobilidade dentro do campus universitario, dadas as súas características concretas do Campus As Lagoas–Marcosende.

Campaña: Colocación de adhesivos para evitar a colisión de aves

Colocáronse en distintos puntos dos edificios nos que se detectou a colisión de aves en cristaleiras, uns adhesivos coa fotografía de aves rapaces (ás que moitas especies temen por instinto). Participa no seguimento da redución do número de colisións de aves.