Colisión de aves en cristaleiras

Colocáronse en distintos puntos dos edificios nos que se detectou a colisión de aves en cristaleiras, uns adhesivos coa fotografía de aves rapaces (ás que moitas especies temen por instinto).

Os puntos elixidos foron principalmente cristaleiras de pasarelas e fiestras dos edificios de CC. Económicas, CC. Xurídicas e do Traballo e, Ciencias Experimentais de Vigo.

Esta actuación non terá un 100 % de efectividade, pero confíase en reducir considerablemente este impacto (mortalidade de aves e, consecuentemente, putrefacción, cheiros, atracción de insectos, mal aspecto, etc.).

Seguimos as consideracións de expertos na materia en canto ó deseño no tamaño dos adhesivos e de que estes fosen en cor para aumentar a súa efectividade.

Dos seguimentos deste impacto que se realizaron dende a OMA, constátase a aparición de 11 especies mortas por colisión, que van dende pequenos pardais, verderolos, pimpíns, xiríns e merlos, ata becacinas, petos verdeais, curuxas, etc. (algunhas especies con figuras de protección ambiental e de tamaño considerable).

Participa no seguimento do nº de colisións de aves

Envíanos a seguinte información:


Datos de contacto:



Graciñas pola vosa colaboración !!!

---

---

---

---

---