Zonas para almacenaxe de residuos perigosos (RPs)

Cuartos e Almacéns para almacenar RPs

Coa construción da actual Facultade de Químicas no campus de Vigo entrou en funcionamento un cuarto destinado á almacenaxe temporal de residuos perigosos producidos por esa facultade (o principal centro produtor de residuos perigosos da Universidade de Vigo).

No campus de Ourense, para almacenar os residuos perigosos producidos nos laboratorios do campus ourensán, está instalada unha cabina de seguridade no almacén xeral do Edificio Politécnico dese campus (Fac. de CC. Ambientais, Enxeñería Agraria e Tecnoloxía dos Alimentos). Ademais, no campus da Auga en Ourense, debido ás necesidades existentes, tamén se construíu un cuarto de almacenamento especial para este tipo de residuos.

A construción do edificio (Olimpia Valencia) que alberga no campus de Vigo as instalacións do novo Cacti (Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación) e do Cinbio (Centro de Investigacións Biomédicas) dotouse tamén coa instalación dun almacenamento apropiado para reactivos e residuos perigosos.

Ante as necesidades xurdidas co aumento da actividade e do número de laboratorios en funcionamento, tamén se dotaron con almacéns específicos para este tipo de residuos a Facultade de Ciencias do campus das Lagoas-Marcosende, o Cintecx-MTI (Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais - Módulo de Tecnoloxía Industrial) no campus da Lagoas-Marcosende, o CIM-Ecimat (Centro de Investigacións Mariñas - Estación de Ciencias Mariñas de Toralla) na Illa de Toralla e o Módulo de Enxeñería Química do Edificio Newton no campus das Lagoas-Marcosende.



Este tipo de cuartos/almacéns están dotados dunha serie de medidas de manexo e seguridade esixidas pola lexislación (MIE-APQ: normas pró almacenamento de produtos químicos), e son recomendables as seguintes:


Ademais, no cuarto/almacén deberá disporse o seguinte material de seguridade para utilizar en caso de producirse algunha vertedura/derrame:


Para o correcto uso do cuarto de almacenamento de residuos perigosos haberá que cumprir unha serie de normas: