Tipoloxías de Residuos Perigosos

Os residuos perigosos deben separarse en diferentes grupos (tipoloxías) atendendo ás súas características fisicoquímicas, ás posibles reaccións de incompatibilidade e ao tratamento final previsto para darlles unha destino axeitado.

Disolventes orgánicos haloxenados

Líquidos orgánicos con contido superior ao 2 % dalgún halóxeno (flúor, cloro, bromo, iodo, etc.). Mesturas de disolventes haloxenados e non haloxenados, cando o contido en halóxenos sexa superior ao 2 %.
Exemplos: diclorometano, triclorometano, bromoformo, cloruro de metileno, etc.

Disolventes orgánicos non haloxenados

Líquidos orgánicos con contido inferior ao 2 % dalgún halóxeno. Exemplos: alcois (metanol, etanol, isopropanol), glicois, aldehidos (formaldehido, acetaldehido), cetonas (acetona, ciclohexanona), etc.

Disolucións acuosas con compostos perigosos

Grupo moi amplo ao que pertencen disolucións acuosas orgánicas e inorgánicas. Exemplos: disolucións acuosas de fixadores orgánicos (glutaraldehido, formaldehido), disolucións acuosas de colorantes (laranxa de metilo, fenolftaleína), mesturas auga/disolvente, disolucións acuosas de metais pesados (Ni, Ag, Cd, Se), etc.

Disolucións ácidas

Ácidos inorgánicos e as súas solucións acuosas concentradas (mais do 10 % en volume).
Exemplos: ácido clorhídrico, ácido sulfúrico, ácido nítrico.

Disolucións alcalinas

Disolucións acuosas con pH básico.
Exemplos: hidróxido de sodio, hidróxido de potasio.

Disolucións acuosas con compostos de Cromo VI.

Sólidos contaminados con substancias perigosas

Produtos químicos contaminados en estado sólido, de natureza orgánica e inorgánica.
Exemplos: xeles, carbón activo, precipitados, filtros, papel, luvas, etc.

Especiais

Produtos químicos sólidos ou líquidos que pola súa alta toxicidade ou reactividade non poden incluírse noutros grupos.
Exemplos: compostos moi reactivos ou moi tóxicos (fenol, tetróxido de osmio, cianuros, sulfuros), magnesio, (composto pirofórico), reactivos caducados, residuos perigosos non identificados, etc.

Bioperigosos/Infecciosos

Produtos asimilables ós residuos de orixe sanitaria. Exemplos: cultivos microbiolóxicos infectados ou contaminados (placas de Petri, extractos líquidos, etc.), instrumental de laboratorio contaminado con axentes infecciosos, sangue e hemoderivados, restos anatómicos, etc.

Citotóxicos

Produtos canceríxenos, mutaxénicos ou teratoxénicos, así como o material contaminado con estes. Exemplos: medicamentos citostáticos, disolucións e puntas de pipeta ou materiais contaminados con bromuro de etidio, diaminobencidina, etc.

Outros

  • Aceites usados non comestibles
  • Baterías e pilas
  • Envases/recipientes baleiros que contiveron substancias perigosas
  • Lámpadas fluorescentes con vapor de mercurio
  • Fotográficos e de gravado/estampación/decapado (revelador e fixador)
  • Pinturas e vernices
  • Calquera outro residuo perigoso que se considere oportuno recoller e destinar ó xestor autorizado