Á hora de manexar substancias químicas é moi importante ter en conta as incompatibilidades entre estas á hora de mesturalas, xa que existen moitas interaccións que poden dar lugar a emisións de vapores perigosos, reaccións exotérmicas, salpicaduras e mesmo explosións.
É por isto que se deben ter en conta polo menos unha serie de incompatibilidades xerais:
Ácidos fortes con bases fortes.
Ácidos fortes con ácidos débiles que desprendan gases tóxicos.
Oxidantes con redutores.
Auga con amidas, boranos, anhídridos, carburos, triclorosilanos, haluros, haluros de ácido, hidruros, isocianatos, metais alcalinos, peróxido de fósforo e reactivos de Grignard.
Dentro do grupo de substancias que poden sufrir unha evolución (exemplo a formación de peróxidos que, en certos casos, poden explosionar violentamente), están: