Os envases de residuos perigosos deben identificarse coas etiquetas proporcionadas pola OMA ou pola empresa adxudicataria do servizo de recollida de RPs. Nelas débense cubrir correctamente tódolos seus apartados (nome do laboratorio productor, tipo de residuo, data de envasado etc).
Para evitar accidentes ou que aparecen contidos non-identificados é fundamental etiquetar os envases antes de comezar a utilizalos.
As etiquetas son subministradas durante as recollidas de residuos perigosos, ó mesmo tempo que se entregan os envases homologados para facer acopio do que se estime producir ata a seguinte recollida. De precisar máis envases ou etiquetas antes da vindeira recollida pódese contactar coa OMA para solicitalos.
Tamén podedes descarga-los modelos das etiquetas dende esta web, premendo sobre o residuo correspondente da seguinte listaxe: