Restauración das Canles de Auga

Nos campus, das antigas tradicións e usos do mundo rural, herdamos algunhas canalizacións de rega que aínda están en uso en determinadas zonas.

Reciben a denominación de levadas (de auga), e canalizan as augas entre as distintas parcelas e zonas vexetadas que antigamente constituían as comunicacións de rega entre as leiras que conformaban a contorna.

No campus de Vigo podemos atopalas:


Nos campus tamén podemos atopar algún regatos, moitas veces cabeceiras doutros ríos principais da comarca.

Mapa hidrolóxico do campus das Lagoas-Marcosende (Vigo)

En azul márcanse os cursos de auga
do campus das Lagoas-Marcosende

Cara á vertente sur, temos dende a esquerda (oeste) o regato Fontecoba, tributario do río Barxa, afluente do río Lagares, que desemboca na praia de Samil de Vigo. No centro e pola dereita (leste), nacentes que van conformar o regato Nespereira, cabeceira dun dos pre-alfuentes do río Zamáns, que á súa vez é afluente do río Miñor que desemboca na Ramallosa. E no norte, está a lagoa de Filoloxía que é o nacente do río Eifonso (que discorre cara ó norte), afluente principal do río Lagares.