Minas de Auga

As minas de auga son fendeduras cavadas no terreo co fin de abrir fontes naturais (mananciais de auga que saen ó exterior por pequenas galerías e aberturas na terra). No campus das Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo existen varias destas minas que, ademais de proporcionaren auga de manancial, son dos poucos elementos singulares do rural que aínda conservamos. No plano biolóxico, as minas funcionan como refuxio de certas especies (en particular anfibios) que precisan da presenza continua de auga ou que se desenvolven mellor en ambientes frescos e sombreados. Ademais, serven como lugar de refresco onde bebe unha parte importante da fauna (aves, mamíferos, insectos, etc.).

No campus das Lagoas-Marcosende existen 5 destas minas:

Para a recuperación destas minas, actuouse nas dúas situadas por baixo da Biblioteca Central.

No ano 1999 realizáronse unha serie de traballos de protección desas minas, que consistiron na limpeza de residuos sólidos, na eliminación da vexetación exótica, na consolidación dos noiros con enraizado de planta e estabilización das pendentes coa plantación de especies autóctonas propias destes hábitats. Asemade, instalouse un valado de madeira.

No ano 2000 reforzáronse as plantacións anteriores con varias especies de arborado (bidueiros, ameneiros e salgueiros) que foron transplantadas dende a zona afectada pola construción da estrada sur de circunvalación.

Nas seguintes fotos pódense observar os primeiros traballos efectuados nesas minas.

No ano 2004 realizouse unha nova limpeza de residuos e maleza, e instalouse un novo valado de madeira máis resistente có anterior. Ademais, podáronse varias das árbores existentes e plantáronse algúns acivros e fentos.


04/03/2022
Mina con vexetación
consolidade e crecida
18/12/2017
04/03/2022
mina leste
04/03/2022
mina oeste