Lagoa entre Filoloxía e Deportes

O conxunto formado pola lagoa situada entre Filoloxía e Deportes, xunto cos seus arredores constitúe un dos espazos de maior valor natural do campus de Vigo. Nesta zona atopamos unha variedade de hábitats seminaturais cun estado de conservación aceptable, integrados nun medio axardinado cos seus propios valores. Entre as características biolóxicas e ecolóxicas salientamos:


As obras do proxecto "Cidade Universitaria" contemplaron a ampliación e urbanización parcial da lagoa polo que existe un grave risco de que se produza unha considerable degradación ou perda dos seus valores naturais.

Para evitar ou minimizar o impacto negativo que a realización do devandito proxecto podía supoñer, a OMA realizou unha serie de recomendacións e estableceu unhas directrices de manexo que, tralas necesarias negociacións, foron aceptadas polos arquitectos responsables da obra.

Entre as directrices establecidas destacan:



Antes do comezo das obras procedeuse a transplantar nove bidueiros e un castiñeiro aos claustros da Facultade de Dereito Económico e aos xardíns da Facultade de Filoloxía e Tradución.


Marzo 2000




Xullo 2001
Obras de ampliación e urbanización parcial incluídas no proxecto "Cidade Universitaria"




Novembro 2004




Exemplares salvaxes de lavanco (Anas platyrhynchos) na lagoa; unha opción máis seria e responsable cá introdución de parrulos domésticos, moitos deles de especies exóticas que poden causar graves alteracións nestes ecosistemas.



A garza real (Ardea cinerea) é outro dos visitantes habituais da lagoa.



15/01/2018


05/03/2024