Estrada Norte de Circunvalación
no campus de Vigo

A estrada de circunvalación norte é o segundo tramo da estrada de circunvalación do campus das Lagoas-Marcosende. En agosto do ano 2000, a OMA encargou á consultora Arcea C.B. a realización dun estudo de impacto ambiental desa estrada norte de circunvalación. Nese documento fíxose unha breve descrición do proxecto, un inventario ambiental, unha identificación e valoración dos impactos, unha proposta de medidas correctoras e un plan de vixilancia ambiental.

En concreto as medidas correctoras propostas, destinadas a mitiga-los impactos da obra, foron:

Fase de proxecto
Fase de execución
Fase de explotación


A construción da estrada de circunvalación comezou a finais de novembro de 2000, traballando en cooperación a OMA, a Unidade Técnica e as empresas construtoras para executar as medidas correctoras.