Marea Negra: Prestige

En novembro do ano 2002 tivo lugar o afundimento do buque petroleiro Prestige nas costas galegas, o que desembocou nun dos maiores desastres ecolóxicos da historia de España. Moitas persoas da comunidade universitaria colaboraron na limpeza do litoral afectado polo fuel. Nesta tarefa, a OMA encargouse de canalizar a oferta de persoal voluntario dos diferentes centros para dirixilos aos tramos de litoral nos que se demandaba voluntariado.

Estudo para estimar a mortalidade de aves mariñas

O impacto da marea negra do Prestige sobre as aves mariñas foi evidente, a xulgar pola cantidade de aves petroleadas que chegaron ós litorais galegos e cantábricos. Malia todo, para calcular o total de aves afectadas fixo falta saber cal era a proporción das aves que morrían no mar e que chegaban finalmente ás praias. Para que a estima desta proporción tivese certo rigor foi preciso realizar probas experimentais.

Con ese propósito, deseñouse un experimento na Universidade de Vigo en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, que requiriu da colaboración de toda a xente implicada na recollida de aves e na limpeza das praias. Consistiu en botar un total de 500 bloques de madeira en diferentes puntos en alta mar, á espera de ver cantos deles chegaban a terra e saber o lugar onde arribaban. Os bloques (ver fotos) levaban unha placa de plástico cun código (A ou F, seguido de 3 números) e un teléfono de contacto.

Bases de datos de aves afectadas pola marea negra do buque Prestige

Considerouse que a recollida sistemática de información e a súa centralización eran indispensables para realizar estimas do efecto da marea negra do buque Prestige nas aves. Por isto, puxemos as nosas bases de datos, froito da colaboración dun elevado número de persoas voluntarias, a disposición de todo o mundo.

Base de datos de aves varadas

Bandos de aves petroleadas

Agradecementos

Doazóns recibidas para a axuda
da limpeza do vertido do buque Prestige

Contactaron coa nosa oficina persoas e entidades que fixeron doazóns para que a Universidade de Vigo adquirise medios para a limpeza do litoral afectado polo vertido do buque Prestige.

PAS (persoal administrativo de
servizos) que colaborou como voluntario

Naquel Nadal, persoal funcionario desta universidade colaborou voluntariamente nos labores desenvolvidos pola OMA para a atención das persoas da comunidade universitaria que se quixeron apuntar como voluntariado para a limpeza do litoral. Colaboraron connosco:

* Pilar Martínez Borrás

* Noelia Vázquez Rivera

* Marta López Vázquez

Voluntariado que colaborou coa
OMA na Rede de Alerta da marea negra do Prestige

Ana Abelairas

Rosa María Asorey

María Abuín

María Marques

Antonio Agra

Colexio Martín Códax de Vigo

David Alvarez

Manuel Martínez

Nuria Andión

Patricia Martínez

Carlos Armas

Florentino Miguez

César Ayres

Enrique Moledo Villanueva

Javier Ayude Vázquez

Liliana Moneti

Raquel Balseras Conde

Manuel Morán Vaquero

Rosa Bañuelos

Xesús Moral

Lisa Busch

Mª Carmen Mouriño 

Marta Carballo Fidalgo

Margarita L. Nogueiras

Noelia Carrera Pérez

Carmen Padín 

Marta Comesaña

Marcos Páramos 

Ricardo Conde

R. Pazos Lago

Paz Corbal

Pablo Piñeiro

Henrique Costa

Clara Posada

Brandán Costas Quindós

Carlos Pereira Luengo

Manuel Alberte de los Santos L.

Antia Pereira Carreiro

Marta del Yermo

Lourdes Pereira Valcárcel

Faustino Domínguez Molino

Marlene Pérez

Concepción Dopazo

Olaya Perez Rodriguez

Ramón Eixo Blanco

Óscar Pérez Viso

Belén Fernández Feijoo

Pablo Piñeiro

Antonio Ferrari

Cristina Quenlle

Lua Maria Ferreira Gonzalez

Vanesa Redondo

Romina Filgueira Ramírez

Isabel Riveiro

Juan Pablo Forti Burati

Andreia Rodríguez Pérez

Bruno Foureaux

Elena Rodríguez González

Félix Francisco Concheiro

Elisa Romero

Alberto Freijeiro

Lorenzo Sabell

Ana Freijero Álvarez 

Julia Sales Soto

Carmela García

Alberto Sánchez

Juan Carlos Gonzalez Portasani

Rogelio Santiago

Enrique González Domínguez

Raquel Santomé

David Gago Sampedro

Xoan Santos

Raquel González

Iago Soto

Vanesa González

Eduardo Javier Suárez Ruibal

Jorge Granada

Iván Ulloa

Ignacio Grande Santos

Sara Varela

Juan Gregorio Acemel

Manuel Velasco

Paula Guerrero

Sandra Veloso

Alexandre Insua Moreira

Alba Vicente Santiago

Guiomar López

Begoña Vila

Jose Manuel Louzao Piñeiro

Cristina Vila

Jesús Madriñan

Iria Vidal Hermida

Jose Manuel García

Rebeca Vilariño

Candela Marco 

 


Moitísimas grazas a todas estas persoas!