Directrices de amoreamento de terras

1.- Extracción: O material extraído deberá separarse en tres clases de calidade, evitando a súa compactación (por paso continuado de maquinaria pesada):


2.- Amoreamento: Enténdese que tódolos amoreamentos son provisionais. Procederase ao amoreamento só no caso de que non sexa posible depositar as terras no seu emprazamento definitivo tras seren extraídas.


3.- Depósito: O que se pretende é estender as capas do solo sobre o terreo, por orde crecente de calidades, para obter un perfil semellante ao orixinal. O estendido de cada capa debe efectuarse de xeito que se consiga un espesor uniforme e seguindo sempre a dirección marcada polas curvas de nivel.


4.- Sementeira: No caso de que estea contemplada unha sementeira con especies herbáceas, esta deberá facerse inmediatamente despois do depósito da última capa de terra vexetal.

Para evitar riscos de deslizamentos é imprescindible ter moi en conta a pendente das parcelas nas que se vai traballar. Así mesmo, deberán tomarse medidas de protección (construción de cabañóns para delimitar os cursos de auga) e consolidación da rede de drenaxe das parcelas.