O concepto de desenvolvemento sostible é establecido por primeira vez na "Comisión Mundial sobre o Medio Ambiente e Desenvolvemento", en 1987, no informe coñecido coma Informe Brundtland, onde sinala: "Desenvolvemento Sostible é aquel que satisfai as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas". A partires desta declaración, o desenvolvemento sostible pasou de ser unha posibilidade a converterse nunha necesidade mundial.
Sen lugar a dúbidas, unha referencia vaga ao concepto de sostibilidade pode supoñer que os resultados non cheguen a conectarse coa idea inicial. Debido a isto, a Universidade de Vigo vai más alá do propio concepto e promove planes de accións directos e concisos que melloran o entorno e que reducen o impacto ambiental xerado.
Gracias á colaboración de diferentes órganos da Universidade de Vigo, no ano 2007 nace o Plan SuMA (Plan de Sostibilidade e Medio Ambiente), o cal engloba 7 programas de accións:
• Eficiencia e sostibilidade enerxética
• Instalacións singulares de I+D
• Reciclaxe e reutilización de residuos
• Contorno natural e patrimonial
• Transporte
• Colaboración e compromiso social
• Difusión e sensibilización
A Oficina de Medio Ambiente da Universidade encárgase de facer efectivos os plans e programas establecidos, e tamén de analizar os resultados para cambiar as accións nun ciclo de mellora continua.