Pegada Ecolóxica

A pegada ecolóxica é unha medida do impacto ambiental que estuda a cantidade de terreo estándar (medido en hectáreas globais equivalentes) que é necesaria para absorber os impactos ambientais asociados a unha actividade determinada.

Por outro lado, a pegada de carbono é unha medida do impacto ambiental que estuda as emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera (medidas en kg de CO2 equivalentes).

A pegada de carbono pódese converter a unidades de pegada ecolóxica (hectáreas de terreo equivalentes) estudando cal é o terreo estándar necesario para absorber as devanditas emisións de gases de efecto invernadoiro.

Tódolos anos, dende a Oficina de Medio Ambiente procédese ao cálculo da pegada de carbono e da pegada ecolóxica da universidade.


Documentos

 

2021

2020

2019

2018

2017

2016

2015

2014

2013

2012

2011-2008