Sobre a OMA

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo consitúe o órgano responsable da política ambiental da Universidade de Vigo (UVIGO). Dentro da organización universitaria, nestes momentos, depende da Vicerrectoría de Planificación.

OMA | Estrutura

A OMA está dirixida por unha persoa pertencente ao persoal da Universidade de Vigo, nomeada polo equipo de goberno como directora da Área de Xestión Ambiental. Ademais, conta con outra persoa que exerce como Técnico Superior de Xestión Ambiental da UVIGO (PAS: Persoal de Administración e Servizos) e bolseiros temporais en formación que exercen o seu labor na oficina por distintos períodos e en diferentes proxectos e actividades.

OMA | Equipo de Traballo

Mª Delfina
Couce Fortúnez

Directora da Área de Xestión Ambiental

Sergio
Ramos Felípez

Técnico Superior de Xestión Ambiental da UVIGO

Mauro
Rivas Ferreiro

Biólogo
Bolsa OMA 2018-2019

Brea Bernardo
Carrillo Rodríguez

Biólogo
Bolsa OMA 2018-2019

Ana Cristina
Oya Benavides

Enxeñeira de Minas
Bolsa OMA 2018-2019

Alejandro
Prado García

Enxeñaría de Minas
Bolsa Gruvi 2018-2019

Begoña
Camiña López

Grao en Bioloxía
Bolsa OMA-Po 2018-2019

Óscar
Varela Soriano

Grao en CC. Ambientais
Bolsa OMA-Ou 2018-2019


 
 

OMA | Ámbitos de Traballo

Medio Ambiente e Natureza:


- Conservación e a promoción do medio natural e patrimonial.

- Actuacións para a diminución de impactos ambientais.

- Recuperación e mellora de hábitats e espazos degradados.

- Labores de erradicación e control de especies invasoras.

- Elaboración de inventarios florísticos e faunísticos.

- Educación e a Sensibilización Ambiental, desenvolvendo como monitores campañas de educación ambiental en distintos itinerarios ambientais dos campus.

- Recompilación de datos e elaboración de estudos da pegada ecolóxica e de carbono.

- Estudos de mellora e seguimento para a xestión dos residuos producidos.

- Seguimento de consumos de recursos naturais.

- Estudos de Avaliación Ambiental e Sistemas de Xestión Ambiental.

- Estudo dos recursos hídricos subterráneos e superficiais dos campus, co fin do seu aproveitamento sustentable para a rega e a creación e o mantemento de hábitats naturais.

- Desenvolvemento de campañas para o fomento do transporte eficiente e sustentable dende o punto de vista ambiental.


Enerxías Sustentables e Eficiencia Enerxética:


- Estudos e recompilación de datos sobre a eficiencia e a sustentabilidade enerxética das estruturas, instalacións e edificacións.

- Cumprimento da normativa.

- Seguimento e redución de consumos.

- Aplicacións e promoción das instalacións de enerxías renovables.


Recuperación de aparellos eléctricos e electrónicos:


- Estudos sobre xestión e aproveitamento de aparellos eléctricos e electrónicos, formándose sobre as características dos compoñentes e equipos que se van aproveitar.

- Recollida e seguimento de aparellos eléctricos e electrónicos desbotados na UVigo.

- Reparación e reutilización de equipos eléctricos e electrónicos ou dos seus compoñentes para a súa xestión e aproveitamento.

- Recompilación de datos para elaborar indicadores de produción e recuperación.