Proxecto EcoRAEE

EcoRAEE (“Demonstration of a re-use process of WEEE addressed to propose regulatory policies in accordance to EU law”) é o sexto dos 35 proxectos seleccionados e concedidos na convocatoria do 2011 dentro do programa da UE “LIFE +”, inserido no subprograma de política ambiental e gobernanza.

Coordinado pola Universidade de Vigo, en colaboración coas empresas Revertia e EnergyLab, constituíu un proxecto de transferencia de 3 anos de duración e un orzamento total de 1.269.155 €, dos cales a Unión Europea financiou 622.038 € (o 50 %).

   Resultados Sociais e
   Ambientais de EcoRAEE

Cocluíuse que a xestión integral de residuos eléctricos e electrónicos (RAEE) para a súa reutilización tería unha repercusión positiva en termos sociais e ambientais. Sirvan os seguintes como a medida estimada dos beneficios:

  • Nun caso de máis de 20 toneladas de residuos xestionados, pódese afirmar que máis dun 65 % dos equipos obsoletos completos puideron reutilizarse. Se se engade a reutilización de compoñentes, pódese chegar a unha porcentaxe de reutilización do 70 % destes aparellos.
  • Un estudo realizado por Revertia e a Universidade de Vigo amosa que se produce un aforro de 235 kg de CO2 por cada equipo informático completo que se reutiliza. As emisións evitadas na produción dun equipo novo compensan as que se producen ó prolongar o ciclo de vida do equipo obsoleto, avariado ou desbotado.
  • Por último, comporta a estimulación dunha conciencia social en materia de sostibilidade ambiental, evitando a xeración innecesaria de residuos e o aproveitamento de materiais que aínda poden ter uso (segunda vida).