Proxecto de Reciclaxe de Auga da Piscina

Este proxecto nace no marco do Plan SuMA (Plan de Sustentabilidade e Medio Ambiente) e representa un máis dos numerosos compromisos adquiridos no Plan SuMA da Universidade de Vigo a favor da sostibilidade, mediante o que se obtén un aproveitamento eficiente dun recurso natural escaso: a auga.

O proxecto consiste na realización dun alxibe duns 100 m3 de formigón armado, en forma de depósito de augas, para recoller as augas residuais dos vasos da piscina do polideportivo do campus sur de Ourense, ao ser necesario para o seu correcto funcionamento, unha renovación do 10 % das mesmas á semana. A finalidade deste alxibe é o tratamento de descloración e purificación das augas, actividades necesarias para a súa posterior reutilización mediante a conexión á rede de rego existente no Campus Sur.

Ir á Web do Plan SuMA