A actividade humana, en tódolos seus ámbitos, supón con frecuencia a xeración dalgún tipo de residuo. Un dos obxectivos do plan de sustentabilidade ambiental da universidade é o de realizar unha adecuada xestión deles na procura de minimiza-los impactos negativos que teñen sobre o medio e a nosa sociedade.
A Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo é a encargada da xestión de tódolos residuos ordinarios e perigosos que se derivan da actividade da comunidade universitaria, insistindo no importante labor de minimiza-la súa produción e perigosidade, así como o de fomenta-la súa reciclaxe e a súa reutilización para diminuí-los impactos derivados e o consumo de valiosos recursos naturais.
Uns dos residuos máis numerosos en canto á súa produción nunha actividade docente e investigadora como a da universidade son o papel e os envases lixeiros. Por isto, colocáronse colectores específicos para este tipo de residuos no interior de cada un dos centros dos campus, que despois o persoal dos Servizos de Limpeza se encarga de baleirar nos colectores de rúa para a recollida selectiva municipal.
![]() |
|
---|---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |