Cada un de nós, a través das nosas accións, temos un peso moi importante de influenza no entorno. Ao final, as consecuencias globais son simplemente a suma das consecuencias derivadas das nosas accións individuais. Un comportamento responsable nas nosas rutinas faríanos avanzar cara a un desenvolvemento sostible global e integrador.
Para cambiar, só precisas prepararte a pensar. Paraches a pensar en canto plástico levas a casa cada vez que fas a compra? Ou cantos residuos xeras cada día? Separas axeitadamente o lixo? É preciso que empregues sempre o coche? Preguntácheste a cantidade de litros de auga que consumes a cotío? E nas infraestruturas e os procesos de limpeza de auga que iso conleva?
Nos pequenos cambios individuais atópase a resposta dos cambios globais..
Desde a Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo ofrécese a posibilidade de participar activamente a prol do medio ambiente dende distintas perspectivas.
No primeiro lugar, a través da OMA da Universidade de Vigo é posible colaborar cos proxectos que se levan a cabo no noso programa de voluntariado ambiental, os cales forman parte dos voluntariados propios da Universidade de Vigo.
No segundo, desenvolveuse unha plataforma de intercambio de materiais, a través da que se pretende dar unha segunda oportunidade aos materiais que xa non son útiles para o seu dono pero que inda non completaron a súa vida útil: ordenadores, impresoras, cartuchos de tinta, mobles, etc. Non os tires, dalles utilidade!
No terceiro, a través da campaña "Cheo, por favor" desenvolveuse unha plataforma para compartir vehículo, na que os interesados poden describir o traxecto que van realizar para chegar a cadanseu campus e ofertar as prazas libres.
E no cuarto e derradeiro, periodicamente propóñense actividades, xornadas ou campañas nas que todos podedes participar.